Las cuatro candidatas a la rectoría de la Universidad de Santiago a debate
Las cuatro candidatas a la rectoría de la Universidad de Santiago a debate
La comunidad universitaria escoge mañana a la futura rectora de la USC, la primera mujer que dirigirá la Universidad desde su creación. Alba Nogueira, María José López Couso, Maite Flores y Rosa Crujeiras han respondido a Quincemil sobre algunos de los puntos claves y preocupaciones de su programa
Te podría interesar: Un centro de A Coruña y otro de Santiago vencen en el Torneo de Debate Académico de Galicia
Después de ocho años en la que Antonio López estuvo al mando de la rectoría de la Universidad de Santiago de Compostela (USC), mañana jueves, 12 de febrero, se celebra la primera vuelta de las elecciones para escoger a una nueva rectora, encabezadas por cuatro catedráticas: Alba Nogueira, María José López Couso, Rosa Crujeiras y Maite Flores. Una de las cuatro se convertirá en la primera mujer en dirigir la USC, y también la primera rectora en estar al frente de una universidad gallega.
La votación, que será por vía electrónica, se hará desde las 9:00 horas hasta las 18:00 horas, siendo llamados a participar más de 28.000 miembros de la comunidad universitaria de la USC. El viernes, 13 de febrero, se conocerá a la rectora, aunque si ninguna supera el 50% de los votos, será necesaria una segunda votación, esta se efectuará el próximo 11 de marzo. La proclamación definitiva de la rectora será unos días después, el 23 de marzo.
Tras semanas intensas de campaña en las que presentaron su programa tanto a estudiantes, profesorado, medios, y hasta alcaldes, como Goretti Sanmartín (alcaldesa de Santiago) y Miguel Fernández (alcalde de Lugo), en los campus de Santiago y de Lugo, este martes 10 de febrero concluyeron sus respectivas campañas electorales. Desde Quincemil les hemos preguntado por sus propuestas en varios puntos claves de su programa.
Como futura rectora, ¿cuál es el mayor reto al que te enfrentes con la USC como institución?
Alba Nogueira: O maior reto é deseñar unha estratexia integral de titulacións de grao,mestrado, doutoramento e formación para estar ao servizo da sociedade un momento de profundo cambio global e no mercado de traballo. Tamén impulsar un plan urxente de ampliación das prazas de residencia e, para conseguilo, é preciso unha mellora do marco financieiro plurianual que rexe para as tres universidades públicas do Sistema Universitario Galego (SUG).
Maite Flores: É máis un reto cualitativo que cuantitativo. Nestes vindeiros seis anos na USC temos que conseguir que todas as persoas que conformamos a comunidade universitaria vexamos reforzado o noso sentido de pertenza á institución e o orgullo de formar parte dela. Para iso, é preciso cambiar o rumbo actual e traballar para que a USC lidere o futuro e rache coa inercia de deixarse ir ou, o que é peor, de ir a remolque. É preciso anticiparse ás novas dinámicas e demandas da sociedade, planificar e actuar con determinación para reposicionar de novo a USC a nivel nacional e internacional.
Rosa Crujeiras: Hai tres grandes retos que afectan á nosa razón de ser como institución educativa, ao noso persoal e á nosa xestión: a actualización da oferta formativa e didáctica e a mellora do aproveitamento das capacidades de investigación e transferencia; o relevo xeracional dos cadros de PDI e PTXAS; e a modernización da xestión.
María José López Couso: O maior reto é guiar a USC nun novo escenario global marcado por desafíos como o descenso demográfico na captación de estudantado, o necesario relevo xeracional do persoal e a integración responsable da intelixencia artificial na docencia, na investigación e na xestión universitaria, garantindo que o proceso non exclúa a ninguén. O obxectivo é manter unha universidade pública de calidade, inclusiva e garante de igualdade de oportunidades, onde o coñecemento siga sendo un dereito para toda a cidadanía.
La futura rectora tendrá que enfrentarse a la reciente aprobación de la descentralización de la Facultad de Medicina. ¿Cómo crees que afectará este acuerdo a la USC?
Alba Nogueira: Xa advertimos de múltiples problemas xurídicos, de coordinación e académicos asociados á creación das novas unidades docentes dependentes doutras universidades. Imos estar moi pendentes do cumprimento do acordo, coincidindo coa Facultade de Medicina, por considerar que o pacto se pechou en falso e presenta dificultades técnicas para a súa aplicación. En todo caso, apoiaremos a excelencia da titulación para que poida seguir formando os mellores profesionais para a nosa sanidade.
Maite Flores: A miña postura respecto ao acontecido coa Facultade de Medicina é a mesma desde o comezo deste proceso e está totalmente aliñada coa que tamén defendía e segue a defender o doutor Enrique Domínguez, que será o meu delegado como reitora para Ciencias da Saúde. Pensamos que o actual equipo reitoral non defendeu como debía os intereses da USC e pensamos tamén que a política de café para todos non é a mellor, porque a fragmentación non fortalece, senón que debilita. O exemplo do acontecido cos aeroportos é o máis claro: de que nos serve ter tres aeroportos en Galicia se despois ningún deles ofrece os voos e os enlaces necesarios para comunicarnos directamente co resto do mundo? Coa Facultade de Medicina comezamos igual e non debemos perder a perspectiva. Agora hai un convenio de descentralización que estamos obrigados a desenvolver e comprometémonos a facelo da forma máis construtiva posible, pero sempre tratando de que a USC non sexa a única que ceda e perda neste proceso, senón tratando de que obteña tamén algo positivo. Tentaremos reorientar esta situación para convertela nunha oportunidade que nos permita reforzar aínda máis o ecosistema biosanitario de excelencia que con tanto esforzo se contriuíu arredor da USC, dos hospitais e os centros de saúde da rede do Sergas e dos institutos de investigación.
Rosa Crujeiras: É un acordo sistémico que deberemos cumprir e aplicar con todas as garantías, especialmente para o noso estudantado a quen debemos facilitarlle a adaptación ao novo modelo. Debemos velar porque a formación que reciben se desenvolva en igualdade de condicións, independentemente de onde estean. Asemade, a descentralización debe obrigarnos a deseñar unha estratexia que protexa o sistema investigador no ámbito biomédico que tanto esforzo costou crear e do que a Facultade de Medicina e Odontoloxía é un piar fundamental.
María José López Couso: O acordo de descentralización non supón unha debilitación da nosa Facultade de Medicina; pola contra, ofrece estabilidade á formación en Medicina en Galicia dentro dun sistema universitario público, de calidade e sustentado en mecanismos sólidos de gobernanza e seguimento. A USC mantén o liderado académico, conservando a responsabilidade sobre o deseño, a organización e a xestión da titulación. Para asegurar unha implementación rigorosa do acordo e manter a excelencia na formación do noso estudantado, nomearei como delegado da reitora para o sistema sanitario o profesor Arturo González Quintela, cunha ampla experiencia e solvencia neste ámbito.
Entre el estudiantado, existe una cierta sensación y preocupación por el Campus de Lugo por jugar casi un papel secundario frente al de Santiago. ¿Qué medidas son fundamentales para darle relevancia al Campus de Lugo?
Alba Nogueira: Co apoio á nosa candidatura, levaremos adiante un plan para fortalecer o Campus de Lugo que abrangue melloras na investigación, benestar do estudantado, servizos e infraestruturas que son necesarias para atraer profesorado, alumnado e persoal investigador. Queremos abrir a Casa do estudantado en Lugo, xestionar a dotación de instalacións para a práctica deportiva, conseguir un convenio coa Xunta para usar inmobles que dispón como residencias universitarias e tamén mellorar os programas de axudas, tanto de proxectos de investigación como de bolsas de pre e posdoutoramento, cunha atención específica á retención de persoal en Lugo, para facer máis atraente este campus.
Maite Flores: Penso que nesta campaña quedou máis que claro o noso compromiso co Campus de Lugo. Non só fun a candidata que máis veces acudiu a Lugo nestes 15 días, senón que esta candidatura é a que máis propostas e ideas específicas para o Campus Terra incluíu no programa electoral. Ademais, para sintetizalas dalgún xeito quixemos escenificar o compromiso desta candidatura con Lugo asinando un decálogo de puntos ineludibles: máis autonomía para o Campus de Lugo e equiparación do estatus e dos dereitos cos campus de Santiago; máis presenza institucional e apertura do Pazo de Montenegro como sede do Vicerreitorado de Lugo; actualizar e ampliar o mapa de titulacións; reforzar a calidade na docencia, na investigación e na xestión; traballar na creación de novas prazas de aloxamento universitario público; impulsar a construción dun pavillón polideportivo; dotación de prazas de escola infantil; investir no benestar de toda a comunidade educativa, abranguendo tamén a saúde mental; reforzar o diálogo, a conexión e a implicación da USC coa cidade; e ampliando os recursos económicos para o Campus Terra.
Rosa Crujeiras: Lugo é un campus cunhas enormes capacidades e potencialidades, que non estamos a aproveitar nin a poñer en valor. Esta é a primeira cuestión a reverter. Pero non menos urxente é a recuperación de servizos para a comunidade universitaria, para que poidan formarse e desenvolver a súa actividade nas mesmas condicións que en Compostela, algo que non acontece neste momento. Nós imos poñer o foco na defensa das titulacións, na relación cos axentes económicos e sociais e na transferencia do coñecemento xerado para o desenvolvemento do país.
María José López Couso: A prioridade é integrar plenamente o Campus de Lugo no proxecto global da USC, reforzando o seu papel estratéxico como modelo de impacto e transferencia, con capacidade real para transformar o territorio. Apostamos decididamente polo Campus Terra e polos seus institutos, fortalecendo a investigación, a docencia e a transferencia en ámbitos clave como o sector agroforestal, a alimentación, o medio rural e a sustentabilidade. Este impulso permitirá fixar talento, dinamizar a economía local e responder ás necesidades reais da sociedade lucense. En denitiva, o noso compromiso é darlle ao Campus de Lugo a visibilidade, o apoio e as oportunidades que merece dentro da USC.
Otra de las preocupaciones del estudiantado es el acceo a la vivienda, ¿qué medidas contemplas?
Alba Nogueira: Na nosa candidatura conseguimos pór o foco no tema da vivenda. Estamos satisfeitas de que se teña convertido nun debate central co estudantado. É unha prioridade reabrir a residencia San Clemente en Santiago e destinar a aloxamento universitario a residencia Lug2 da Xunta, ademais de apoiar o estudantado con menos recursos ampliando as axudas de comedor e vivenda. Imos manter o acceso ás residencias por criterios económicos que conseguimos introducindo unha emenda á normativa da USC aprobada en 2025 e impulsaremos unha ampliación significativa das prazas de residencia negociando coa Xunta un plan urxente de creación de residencias universitarias e promovendo con outras institucións a rehabilitación de edificios infrautilizados con destino a residencias universitarias. Entendemos que o apoio ao acceso á vivenda é unha das medidas máis igualitarias para o estudantado e será realidade cando consigamos, co apoio da comunidade universitaria, chegar á Reitoría.
Maite Flores: A dificultade de acceso a unha vivenda digna e asequible non é competencia da universidade e trátase dun problema da sociedade a nivel global en todo o país. Pero non me gusta escudarme nisto, porque se o problema afecta non só ao noso estudantado, senón tamén ao profesorado e a investigadores que queremos captar e reter, entón o problema é noso tamén e temos que contribuír a resolvelo. Non pode ser que o prezo dun alugueiro condicione nin a carreira académica nin o futuro profesional dun estudante. Penso que a través dun diálogo e unha interlocución útil coas demais administracións, desde a USC podemos achegar ideas e propostas para incrementar o o parque de vivenda pública universitaria, comezando polo arranxo e a apertura de infraestruturas que están pechadas ou infrautilizadas.
Rosa Crujeiras: Illadamente non se pode resolver a emerxencia social da vivenda, pero podemos contribuír a aliviar a situación a través da priorización da habilitación de infraestruturas, como o Colexio Maior Sanclemente, cunha maior colaboración institucional e coa posta en marcha de iniciativas de convivencia interxeracional e colaboración con entidades do terceiro sector para levar a cabo proxectos de convivencia cun enfoque comunitario, como primeira medida factible de intervención, que debe ser acompañada por un aliñamento da USC cos esforzos que outras administracións deben facer nesta materia que xera tan dolorosas e inxustas situacións.
María José López Couso: A crise da vivenda afecta a toda a sociedade, pero de maneira especialmente dura ao estudantado, porque condiciona a igualdade de oportunidades. É un problema estrutural, agravado nos últimos anos, que a Universidade debe afrontar desde o apoio á comunidade universitaria, aínda que sabendo que só poderá resolverse con políticas de vivenda das administracións competentes. Un dos piares desta resposta será fortalecer o Sistema Universitario de Residencias, no que a USC ten unha das maiores ofertas do Estado. Apostamos por crear unha liña orzamentaria estable para mellorar os espazos, impulsar acordos con administracións e institucións para ampliar prazas, buscar financiamento para reabrir a residencia San Clemente e apoiar iniciativas que faciliten o acceso ao alugueiro en condicións dignas, como a declaración de zona tensionada en Santiago. O noso compromiso é traballar en todas estas frontes para reducir o impacto da crise habitacional no estudantado.
La USC cuenta con centros de investigaicón tan importantes como el CiMUS o el CiQUS, reconocido nacional e internacionalmente. ¿Qué papel jugará la investigación científica universitaria en tu rectoría?
Alba Nogueira: A USC desenvolve investigación de excelencia a nivel internacional e ten unha crecente capacidade de atracción de talento, polo que queremos consolidar e mellorar estes resultados. Os centros singulares contarán con noso apoio e queremos que sigan sendo parte dunha USC que concebimos como docente e investigadora. Tamén existen outras fórmulas de investigación de grupos fóra desas estruturas que queremos apoiar dende as unidades de xestión dos centros. Temos propostas para simpli)car os procedementos, singularmente os de xestión contable, que van mellorar significativamente o tempo e o esforzo de papeleo existente. No ámbito da transferencia e da divulgación impulsaremos unha estratexia de ciencia aberta e desenvolveremos plans de divulgación cara o ensino medio e a sociedade en xeral.
Maite Flores: Como é ben coñecido pola miña traxectoria, a investigación é un campo no que, ademais de sentirme cómoda e acumular unha ampla experiencia, será estratéxico para o futuro da USC. Precisamente, a investigación é un dos factores que nos diferencia respecto da universidade privada e por iso temos o compromiso de dedicar os recursos necesarios para reter e captar talento investigador, así como para transferir posteriormente ese coñecemento á sociedade. Á fronte da Vicerreitoría de Investigación estará Francisco Otero Espinar, cunha traxectoria académica que conta con cinco sexenios de investigación e que ten unha decea de patentes concedidas. O seu perfil é o mellor aval para garantir que a investigación será unha área prioritaria no vindeiro mandato.
Rosa Crujeiras: Un papel central; son parte da nosa misión e unha vantaxe diferencial no noso esforzo educativo e investigador: formamos nunha contorna científica de referencia e iso tamén nos distingue. Ademais, temos que facer un esforzo porque as nosas investigacións saian do ámbito académico e xeren un valor real na sociedade facendo que o coñecemento sexa un ben común.
María José López Couso: A investigación científica é un piar estratéxico da USC e será unha prioridade absoluta na miña Reitoría. Nun contexto de maior competencia e de modelos de financiamento máis esixentes, cómpre unha política de investigación máis ambiciosa, con gobernanza clara, menos burocracia e máis apoio ao talento. Apostaremos por dotar de estabilidade e financiamento axeitado ao ecosistema de investigación en Santiago e Lugo (centros, institutos e grupos de investigación), fortalecendo a súa capacidade para liderar proxectos competitivos. O noso programa propón simplificar a xestión dos proxectos, reforzar o Plan Propio de Investigación, desenvolver programas de atracción e retención de talento, acompañar as investigadoras e investigadores ao longo de toda a súa carreira, favorecer a súa integración docente e xerar oportunidades nas áreas deficitarias.
Son unas elecciones históricas, la candidata ganadora será la primera rectora de la USC. En materia de igualdad y diversidad, ¿qué medidas son necesarias en la USC?
Alba Nogueira: Ademais de ter a primeira reitora, defenderemos que un eixo transversal das políticas da USC serán a promoción da igualdade de xénero, a defensa da diversidade e o traballo a prol dunha institución máis inclusiva. Imos contar coa comunidade universitaria para elaborar, de forma participativa, o próximo Plan de Igualdade da USC e dotalo dun orzamento específico para o seu impulso e aplicación práctica. É imprescindible que as oficinas de igualdade dos dous campus conten con persoal técnico especializado. Tamén temos o compromiso para realizar unha diagnose sobre as condicións de promoción das investigadoras e xerar mecanismos que garantan a igualdade efectiva. Ademais, poremos en marcha un plan de conciliación de obrigado cumprimento e queremos garantir a aplicación do Protocolo fronte ás violencias sexuais e o acoso na USC.
Maite Flores: Gañe quen gañe, estas eleccións serán históricas porque, como ben dis, por primeira vez haberá unha reitora á fronte da USC. Pero non é só porque tocara, é principalmente porque a sociedade evolucionou, a muller segue a empoderarse cada vez máis tamén na contorna universitaria e coincide que hai catro compañeiras cunha traxectoria máis que solvente que decidimos dar un paso á fronte para tratar de liderar o futuro da USC. Así que, gañe quen gañe, quen gañará seguro vai ser a USC ao ter unha reitora á fronte.
Rosa Crujeiras: Moitas! No que atinxe á igualdade, non só se trata de garantir unha presenza igualitaria, senón de seguir rachando teitos (un será o da reitoría) e mudando condutas. Nestes meses padecín comportamientos e actitudes que non son propias dunha universidade do século XXI e que estou segura que non terían acontecido se eu non fora muller. E cando falamos de diversidade, a USC ten que ser un espazo seguro. No noso programa contemplamos medidas nesta liña, orientadas á comunidade LGTBI+ e á diversidade cultural, como a creación dunha unidade e de protocolos específicos.
María José López Couso: Nos últimos anos a USC avanzou de forma decidida en materia de igualdade e diversidade, pero aínda queda un longo camiño. A desigualdade no acceso a cátedras, a persistencia de titulacións moi masculinizadas e a aparición de novas actitudes regresivas entre parte do estudantado obrigan a reforzar o compromiso institucional. A miña prioridade será aplicar de forma firme os principios de diversidade, equidade e inclusión, impulsar comisións de igualdade en todos os centros, dar visibilidade ás achegas de mulleres e homes en ámbitos onde están infrarepresentados e avanzar cara a gobernanzas máis igualitarias e con novos modelos de liderado. Reforzaremos tamén a formación obrigatoria en igualdade para estudantado e persoal, difundiremos e aplicaremos o protocolo fronte ás violencias sexuais, promoveremos modelos de masculinidade responsables e recoñeceremos a formación en perspectiva de xénero nos procesos de acceso e promoción. Todo isto co obxectivo de converter a USC nunha universidade onde a igualdade non sexa só un compromiso institucional, senón unha realidade efectiva para toda a comunidade universitaria.