Lisdexia.
Ofrecido por:
Lisdexia, gañadores da primeira fornada do Ondachicha en Galicia
O proxecto, que nace para descubrir, apoiar e dar visibilidade ao talento emerxente de Galicia, xa ten os seus primeiros gañadores
Temas relacionados: Onda Chicha: A nova onda de talento galego
A primeira edición do ONDACHICHA, a iniciativa impulsada por Chichalovers e Radio Líder Santiago para dar visibilidade ao talento musical emerxente galego, xa ten os seus primeiros gañadores: o grupo Lisdexia, unha formación muradana que destaca pola súa enerxía e identidade propia.
Lisdexia tece un son singular, mesturando o seu garage-punk con toques de música tradicional, pop e mesmo funk, dando forma a un estilo enérxico e inconfundible pensado para prender as pistas.
"Non vimos cambiar o mundo, vímoso a facer bailar."
Como parte do premio, a banda será protagonista dunha entrevista en Radio Líder Santiago e gravará un tema especial nos estudos Chichalovers, que se difundirá a través das canles do proxecto para seguir impulsando a súa traxectoria.
O ONDACHICHA está a ter unha acollida extraordinaria, con numerosas bandas inscritas en toda Galicia. O nivel artístico foi moi bo e a elección dos gañadores non foi doada, o que demostra o gran momento que vive a música galega.
As inscricións para a segunda convocatoria xa están abertas, e todas as bandas interesadas poden presentar a súa candidatura a través da ligazón dispoñible nas redes sociais de Chichalovers e Radio Líder Santiago.
O ONDACHICHA continúa así o seu camiño como plataforma de promoción e apoio ás novas xeracións de artistas galegos, coa vista posta na gran final e no ChichaFest, que se celebrará en maio na Sala Capitol (Santiago de Compostela).