Freestyle Football Compostela Street 2026.

Freestyle Football Compostela Street 2026. Cedida

Ofrecido por:

Vivir

O Compostela Street 2026 publica o seu aftermovie tras consolidarse na súa segunda edición en Santiago

O vídeo resume os momentos máis destacados dun festival que reuniu deporte urbano, música e arte no Campus Sur

Publicada

A organización de Compostela Street 2026 presenta oficialmente o aftermovie da súa segunda edición, unha peza audiovisual realizada por Tres Insuas que recolle os mellores momentos, a enerxía e o ambiente vividos durante as xornadas celebradas no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Esta edición estivo marcada pola combinación de deporte extremo, música e arte urbana, con competicións de primeiro nivel, obradoiros, exhibicións e concertos de balde que congregaron a milleiros de mozas e mozos de Santiago e doutras localidades.

O festival nace coa vocación de achegar a cultura urbana á mocidade e ofrecer un espazo de encontro arredor de diferentes disciplinas deportivas e artísticas. Skate, BMX, música e outras expresións da cultura urbana volveron compartir protagonismo nun programa pensado para fomentar a participación xuvenil e promover alternativas de ocio activo e saudable.

O desenvolvemento de Compostela Street 2026 foi posible grazas á cálida acollida e colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, así como ao apoio da Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela, patrocinador principal desta edición.

Con esta segunda edición, Compostela Street avanza na consolidación dun festival que aspira a converter Santiago nun punto de referencia para a cultura urbana e o deporte entre a mocidade galega. A publicación do aftermovie permite revivir os momentos máis destacados dunha edición que reuniu deporte, creatividade e música no Campus Sur.