Touriñán, Perdomo e Mandayo estarán no Xuventude na Onda
Así será Xuventude na Onda en Santiago: charlas, música e videoxogos con Touriñán e outros artistas
Dúas xornadas, o venres 28 e o sábado 29 de novembro, cheas de charlas, talleres, mesas redondas, torneos de videoxogos e actuacións musicais que reúnen artistas, científicos e influencers para impulsar o talento da mocidade galega
Contenido patrocinado
Tes entre 17 e 30 anos? Tes interese na innovación e no emprendemento? Formas parte do ecosistema científico, investigador ou empresarial de Galicia? Se é así, toma nota do evento que terá lugar esta fin de semana en Santiago: unha cita que converterá o Centro Gaiás da Cidade da Cultura no gran punto de encontro da mocidade galega.
Os días 28 e 29 de novembro, a Xunta de Galicia celebra Xuventude na Onda, un evento que reunirá artistas, creadores, profesionais da ciencia e referentes do talento novo nun programa cargado de actividades: charlas, mesas redondas, obradoiros creativos e tamén competicións de Mario Kart e EA Sports 26.
A cita, impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, busca ofrecerlle á mocidade un espazo de inspiración e aprendizaxe desde o que fomentar o desenvolvemento persoal e profesional a través de encontros con mentores, mentorizados, institucións académicas e empresas e entidades colaboradoras dos programas Xuventude Mentoring e Xuventude Mentoring na Empresa.
O evento contará con nomes recoñecidos como Xosé Touriñán, David Perdomo, El Barroquista, Grande Amore, Paula Serras, Miguel Mandayo, Nerea Rodríguez, Juan Sieira ou Gabriel Fandi, entre moitos outros. O obxectivo: xerar diálogo entre mocidade, empresas e universidades para abrir novas oportunidades de desenvolvemento persoal e profesional.
Para facilitar a participación, a organización ofrecerá transporte gratuíto desde A Coruña, Vigo, Ourense e tamén desde Santiago.
Programación
Venres 20: talento, ciencia e humor
A cita arrincará o venres 28 de novembro co relatorio inaugural de Xose A. Touriñán baixo o nome Como coñecín a miña empresa: o outro show de Touriñán. A continuación, será a quenda da mesa redonda Breaking Lab: a ciencia fora de guión, a mesa diálogo empresa-universidade A liga dos profesionais extraordinarios: da aprendizaxe ao impacto e o relatorio Fai cousas. Unha conferencia sobre comunicación e liderado para o emprendemento persoal de Javier Cebreiros.
Xa pola tarde, a programación continuará cos talleres IA Confidencial: descubrindo os segredos da intelixencia artificial, impartido por Carmen López; Falar Wars: o lado luminoso da palabra, a cargo de Alba Formoso, e o obradoiro artístico Pero que merda é isto?, conducido por El Barroquista. Ademais, haberá un torneo de videoxogos de Mario Kart, o monólogo de David Perdomo, o concerto de Gabriel Fandi e a final da especialidade de música do Xuventude Crea 2025.
Sábado 29: influencers, emocións, hip hop e Grande Amore
O sábado comezará coas finais de danza e arte urbano do certame Xuventude Crea 2025 e co torneo de videoxogos de EA Sports 26. Ademais, os asistentes poderán desfrutar dunha sesión preguntas e respostas Black Mirror: o outro lado das redes acompañados, o relatorio Misión Comunicar: do tuit viral ao cambio real a cargo de Carlos Fernández Guerra, o showcooking Chef 007: cociña royale, e o relatorio Inside Out 2.0: emocións tras as pantallas de Pepe y Lucas.
A programación complétase coa mesa redonda Peaky Writers: historias con carácter, a cargo dos premiados de Novela Curta, Poesía e Banda Deseñada do Xuventude Crea e cos obradoiros: de graffiti en realidade virtual e de freestyle e hiphop, ambos impartidos por Ocionautas. O concerto de Grande Amore poñerá punto final á cita.
Un mural de Mon Devane para abrir boca
Durante as dúas xornadas levarase a cabo a creación dun mural específico para o evento da man de Mon Devane, referente internacional do hiperrealismo, inspirado no espírito creativo e transformador da xuventude galega.
Toda a información e o programa completo está dispoñible no portal de Xuventude, onde tamén poderán rexistrar as súas solicitudes todas as persoas interesadas en asistir.
A celebración desta xornada enmárcase no programa Xuventude Mentoring, que xa vai pola súa oitava edición, e busca mellorar as habilidades e competencias dos mozos galegos para a busca de emprego, con accións formativas, actividades de networking e con persoas mentoras procedentes do empresariado galego que ofrecen asesoramento e apoio.
Desde que botou a andar, no ano 2021, máis de mil mozos e mozas levan participado nesta iniciativa que lles posibilita traballar con mentores que lles asesoran de xeito continuo, á vez que poden realizar actividade formativas, asistir a eventos e visitar empresas. Nas sete edicións anteriores, unha media dun 50,3% da mocidade participante acadou a inserción laboral grazas a este programa da Xunta de Galicia.