Bibopalula convértese en espectáculo.

Bibopalula convértese en espectáculo.

Ofrecido por:

Con niños

Bibopalula convértese en espectáculo: unha festa para os máis pequenos nunca vista nos teatros galegos

A popular serie de debuxos animados en galego dá o salto aos escenarios desde o 7 de xuño cunha proposta que promete cancións, bailes, grandes efectos especiais e de iluminación, e ata un agasallo para todas as nenas e nenos que asistan

Publicada

Contido patrocinado

Nunca antes un espectáculo infantil en galego levantara tanta expectación en Galicia. Os catro paxaros protagonistas de 'Bibopalula' intercambian as pantallas polas táboas para converter os teatros e auditorios das cidades galegas en auténticas festas.

"Un espectáculo que queremos que as cativas e cativos tarden en esquecer", aseguran desde Ainé, a produtora de Xosé A. Touriñán, que está detrás dunha proposta moi ambiciosa. "É o momento de demostrar que desde Galicia tamén podemos facer teatro infantil ao grande", apunta Álvaro Pérez Becerra, produtor do espectáculo, ao tempo que sinala o reto que supón sacar adiante un proxecto así: "Non é habitual un gran musical infantil creado aquí, e non é habitual que non sexa gratuíto, pero estamos convencidos de que a experiencia non decepcionará a ninguén que decida mercar a entrada".

Bibopalula é un espectáculo pensado para os máis pequenos.

Bibopalula é un espectáculo pensado para os máis pequenos. Cedida

Detrás da proposta teatral de Bibopalula está un equipo de preto de trinta persoas -case a metade deles en xira- para facer de cada escenario un gran bosque e colocar as decenas de elementos que sorprenderán ás nenas e nenos durante os cincuenta minutos de espectáculo.

Lidia Veiga é a protagonista dunha peza escrita e dirixida por Marta Lado, que conta as aventuras da Banda do Bosque na busca dun misterioso tesouro. Polo medio, as cancións máis coñecidas da serie de debuxos, coreografías, e un espectacular deseño de iluminación.

Estrearase na Coruña, no Teatro Colón, o sábado 7 de xuño pola tarde. Máis da metade do aforo xa está vendido e desde a produtora aspiran a encher as case mil butacas, e mesmo a repetir máis adiante. A demanda crece a medida que se achega a data, e desde distintos colectivos como asociacións de nais e pais xa se mercan as entradas para ir en grupo.

Despois da estrea recibirán á Banda do Bosque en Santiago (8 de xuño), Pontevedra (14 de xuño), Vilalba (15 de xuño), Verín (21 de xuño), Vigo (22 de xuño), Cee (28 de xuño) e Ourense (29 de xuño). As entradas poden mercarse na web do espectáculo, www.bibopalula.gal, e en Ataquilla.

Bibopalula chega aos teatros de Galicia.

Bibopalula chega aos teatros de Galicia. Cedida

Un proxecto que non deixa de medrar

Bibopalula é, desde a súa estrea o pasado mes de novembro en Xabarin.gal, o contido máis visto da plataforma de contidos infantís de entretemento da Televisión de Galicia. Os cincuenta e cinco capítulos que contan as aventuras da Banda do Bosque conquistaron ás máis pequenas e pequenos a través da música e dos atractivos de todo o que acontece entre árbores e nubes.

Coas cancións -compostas polos músicos Santi Jul e Iván Laxe- xa dispoñibles en todas as plataformas de audio e en YouTube, un conto infantil, e unha primeira edición dunha colección de roupa, o espectáculo é, sen embargo, o formato máis agardado polas familias.

Para as próximas semanas anunciarase un acordo de distribución internacional da serie, e empeza a soar a posibilidade de que Bibopalula chegue tamén ás salas de cine.

Andrés Mahía e Laura Mahía, creadores do proxecto, participan nos últimos meses en distintos foros nos que falan das claves do éxito da serie: amor pola natureza e pola música, e por suposto, pola lingua, que precisa e merece de toda a produción cultural infantil posible.