Xenera lanza unha campaña con Acougo.
Ofrecido por:
Así é a campaña solidaria da compañía eléctrica galega XENERA para axudar aos 70 animais rescatados de Acougo
'Diario das vaquiñas' dará a coñecer a realidade do refuxio de animais de granxa a través de redes sociais e fomentará apadriñamentos, doazóns e voluntariado
O Refuxio de Animais de granxa Acougo e a compañía eléctrica galega XENERA acaban de iniciar unha iniciativa solidaria co obxectivo de dar visibilidade aos animais acollidos no centro. Moitos deles non teñen padriños nin madrinas.
Ubicado en Cerceda (A Coruña), este espazo conta actualmente cuns 70 animais que proceden de situacións de abandono ou maltrato. Cabras, porcos ou becerros forman parte da familia deste centro que lles da un fogar, coidándoos e garantindo o seu benestar.
XENERA, coñecedora da labor que desenvolve Acougo da man da súa fundadora, Mara Collazo, aportará unha doazón económica e desenvolverá entre maio e xullo unha campaña en redes sociais chamada 'Diario das vaquiñas'. Unha forma de dar a coñecer os animais que viven neste refuxio e darlles voz ás súas historias.
Un escaparate dixital para animais invisibles
A campaña de XENERA e Acougo centrarase na visibilidade de varios dos animais do refuxio, entre eles dúas vacas e dous touros, que serán presentados a través de contidos audiovisuais específicos.
Os seguidores de @xeneraenerxia e @acougo_refugio_de_animales en Instagram (e aqueles que queiran coñecer este bonito proxecto) poderán coñecer as súas historias a través dos vídeos que se publicarán nesta plataforma, na que tamén se compartirán carruseis de imaxes tanto das dúas vacas e os dous touros como doutros animais.
Mara Collazo cun dos animais rescatados.
Esta iniciativa permitirá aos usuarios seguir o día a día do refuxio e coñecer máis de preto aos animais, facilitando que a súa vida e a súa historia deixen de ser invisibles. XENERA e Acougo, ademais, buscan persoas que queiran implicarse no seu coidado.
Chamamento á participación cidadá
A iniciativa busca activar diferentes vías de colaboración por parte da cidadanía. A través da web do refuxio as persoas interesadas poderán realizar a través da páxina web: doazóns, apadriñar ou amadriñar animais e presentarse voluntarias no refuxio para axudar.
Calquera destas modalidades para axudar aos animais de granxa rescatados son fundamentais para poder garantir a continuidade do proxecto e cubrir as necesidades diarias do refuxio.
Esta acción forma parte da vontade de XENERA de implicarse en proxectos con impacto real en Galicia. A campaña comeza hoxe e contará cun gran despregue de contidos en redes sociais, onde achegarán a través de amenos vídeos as historias dos animais do refuxio.
"Máis alá da nosa actividade como empresa enerxética, consideramos fundamental implicarnos en iniciativas que teñan un impacto positivo na sociedade galega e contribúan a proxectos que realizan unha labor esencial", sinala a responsable do departamento de marketing, Andrea Candamio.