Luis Zahera e Adrián Viador na serie 'Animal'.

Luis Zahera e Adrián Viador na serie 'Animal'. Jaime Olmedo - Netflix

Ofrecido por:

Audiovisual

Luis Zahera, protagonista de 'Animal': "É interesante abordar o rural galego desde a comedia"

Netflix estrea o próximo 3 de outubro esta serie rodada en Galicia

Más información: Rodada íntegramente en Galicia: Luis Zahera regresa a Netflix con una comedia de lo más 'Animal'

Publicada

Depois de participar en thrillers ambientados no rural galego como As Bestas, Luis Zahera (Santiago, 1966) pásase á comedia na serie Animal, que se estreará en Netflix o próximo 3 de outubro. É o seu primeiro papel como protagonista dunha serie, aínda que el mesmo prefire matizar que coprotagoniza a historia coa súa compañeira de reparto Lucía Caraballo.

Zahera ponse nesta ficción no papel de Antón, un veterinario do rural que ten que se reinventar para saír adiante cando vai perdendo clientela, pasando a traballar nunha tenda de mascotas de luxo na cidade que leva a súa sobriña.

É o teu primeiro rol como protagonista dunha serie. Supón un reto maior?

Considérome coprotagonista con Lucía Caraballo. Para min ela é o descubrimento desta serie. Traballar con ela, que é amiga e o futuro da interpretación en España, foi bonito. Facer o teu primeiro coprotagonista sempre é bonito e da man de Alea Media (a produtora) que sempre me tratou moi ben e co guionista Aitor Gabilondo todo está ben. Toda a vida considerareime un secundario, pero ás veces os secundarios temos estes momentos bonitos e eu feliz coma unha perdiz.

En Animal Antón ten que reinventarse. Viviches algunha situación similar na túa traxectoria?

O ano que vén cumpro 60 anos. Recordo os veráns na Peruca, cerca de Padrón e daquela Galicia xa vai quedando menos. Eu tamén me fixen maior, cando era rapaz había só dúas canles de televisión, e a miña vida interpretativa tamén cambiou. O cambio é lei de vida. Agora todo vai a unha velocidade vertixinosa e hai que adaptarse ou morrer. E aí estamos.

Luis Zahera y Lucía Caraballo en la serie 'Animal'.

Luis Zahera y Lucía Caraballo en la serie 'Animal'. Jaime Olmedo - Netflix

Como o patrón dos animais, o teu Antón é tamén un santo para eles?

Pois debe ser. Meu pai cando estornudabas dicía "San Antonio", e debe ser ese humor negro porque estornudábamos como rebuznando.

Falando de humor, esta comedia está ambientada en Galicia, así que terá moito de retranca.

Eu son un tipo malo recoñecendo a retranca. Espero que a xente vexa o noso na serie, a particulariedade e a nosa chispa, a nosa carallada. Para falar de retranca deberías falar con Carlos Blanco ou con Quico Cadaval ou Touriñan, xente intelectual que sabe definir as cousas. Meu pai dicía "ser galego, meu fillo, é ter unha carreira". Supoño que a retranca vai nesa frase.

Tamén ten lugar no rural galego, que é unha ambientación máis asociada ao thriller. Como ves ese cambio de rexistro?

Sempre temos esa cruz. Recordo que cando se fixo As Bestas a xente comentaba e é lexítimo criticar unha Galicia terceiromundista e dura, negra e oscura. Creo que a ficción é ficción. Igual que se fan series relacionadas co narcotráfico en Galicia, que é case un xénero.

Dito isto, é moi interesante que se aborde en clave de comedia o rural, cun ton fresco. É unha visión máis cómica que non vai ao clásico e ao que estamos afeitos desa Galicia rural durísima. Nestes tempos necesítase comedia porque a xente está encollida, así que benvido sexa.

"(Animal) é unha visión máis cómica que non vai ao clásico e ao que estamos afeitos desa Galicia rural durísima"

Luis Zahera, actor

Animal mostra tamén o contraste entre distintas xeracións. Somos tan distintos?

Si. Hai palabras que dicía Lucía e eu non entendía. Ou esa relación que teñen co mundo chámame a atención. Son moitísimo máis adiantados que nós en mil cousas. É lei de vida. Eu estou no ciclo anterior, son prehistórico, pero estou encantado de conectar con estas novas xeracións moito máis sanas e marabillosas.

Encántame estar con xente nova e ver como pensan ou como reaccionan. Lucía podería ser a miña filla porque é moi noviña e falei moito con ela da vida e de todo e espero que ela tamén desfrutara conmigo.