El Español
Treintayseis
Opinión

A propósito de Valentina

O autor da banda sonora de película Valentina opina sobre a recente polémica en redes polos poucos cins que están a proxectar a versión en galego
Nani García
Por Nani García
Cartel de la película 'Valentina'.
cedida
Cartel de la película 'Valentina'.

Difícil de acometer este tema sen ferir susceptibilidades mais constame que dalgunha forma a meirande parte da opinión pública está bastante desinformada ao respeto.

A raíz dun “instagram” que un socio e amigo reenvioume onde se comenta o tema da escasede de oferta en galego da película Valentina por parte dalgunha plataforma en defensa do galego coa que personalmente comparto fins pero non tanto medios nin estratexias, gustaríame compartir con vos estas puntualizacións.

Facerse eco dos comentarios e críticas dalgún cidadán nas súas lexítimas protestas facendo “tabula rasa” nas apreciacións como non querendo descifrar nin puntualizar a verdadera problemática que se agocha detrás de esta cuestión que a todos nos afecta, fai un pouco de dano indiscriminado aos profesionais do sector.

Está película en particular está concebida en galego como lingua orixinal: ou sexa, utilizase o galego para sincronizar os movementos da boca das personaxes de animación a hora de darlles vida. Polo tanto, si que poderíamos estar falando de versión orixinal. A maiores cos movementos da boca xa animados faise unha segunda versión en castelán.

O feito de facer dobre versión nunha película destas características: animación, infantil, inclusiva e de vocación pedagóxica, brota directamente e fundamentalmente das actitudes, posicionamento e esforzo de certas ámbitos responsables da produción do filme. Produción executiva, departamento de son e comunicación, sonche especialmente sensibles a isto. É un esforzo considerable que non se ve reflexado por ningún lado no trato financieiro e as institucións responsables de apoiar o cine en linguas minoritarias e co-oficiais non parecen sensibilizadas ao respeto.

A produción dunha película de estas características ten unha folla de ruta moi definida que en condicións ideais terá que levarse ao cabo de forma rigurosa. Non sempre é así. Pero iso é outro debate. En todo caso, ao final dunha serie de etapas que pasan por departamentos moi diversos, e que dan forma as imaxes xa sincronizadas na versión orixinal (galego neste caso) chega o turno da posprodución de son e finalmente as mesturas: cancións en dúas linguas, música incidental, efectos de son, foley, diálogos de todos os personaxes nos dous idiomas, etc. Unha vez finalizado todo isto a película xa está lista para a súa distribución e entrega ás salas comerciais (entendase que estou simplificando o proceso en aras dunha mellor comprensibilidade).

Que eu saiba, por informacións de primeira man, a película é enviada a máis de cen salas en toda España en versión castelán. Menos en Galicia onde ofreceselles e enviaselles a todas as salas as dúas versións: en galego e castelán. E aí comeza o dilema.

Se estivéramos en Cataluña os empresarios das salas, motivados pola experiencia e coñecemento do público que se lles supón teñen, escollerıán sen ningunha dúbida a versión en catalán, que nesta parte do estado actúa como lingua de prestixio. Pero en Galicia o comportamento é ben distinto. Porque a realidade e distinta e as salas exhibidoras de cine, que normalmente son empresas privadas e soberanas nas súas decisións, actúan en un mercado libre que remata por determinar en que idioma vaise a exhibir a película en cuestión. Se facemos un pequeno esforzo de empatía e poñémonos na pel doutro por un intre, darémonos conta de que a decisión de optar por unha ou outra versión é máis crítica do que semella.

Tamén é certo que hai un grupo menor de salas (Numax en Santiago, Codex en Lugo, Duplex en Ferrol. En Ourense seica unha sala obtou pola versión galega e os cines Odeón en Narón que ofertan ambas versións) nalgunhas cidades do noso país que se prestan, xa dende o primeiro momento, a proxectar a versión galega sen dubidalo e con saudable entusiasmo. As súas razóns son de índole ideolóxica, social, moral, etc. pero tamén actúan en libre competencia e son coherentes coa súa forma de exercer as súas ideas verbo da súa profesión; e tamén están obrigados a facer contas.

As razóns sociolingüisticas que subxacen á problemática das “linguas en contacto”, que así é como se chama a asignatura que o estudia, son moi complexas, ou quizá non tanto, pero iso levaríanos a un debate difícil de resumir neste curto espacio do que dispoño.

Polo tanto, protesten o que queiran cando vaian ao cine se as cousas non se axustan ao que vostedes desexan pero sexan coherentes a hora de partillar culpas.

O único xeito de darlle traza a isto é apuntar na diana dos apoios por parte dos que xa sabemos, en todos os frentes, de forma clara e evidente. Nos departamentos que están expostos a facer dobre esforzo na produción dun filme: produción executiva, son, guión, dobraxe, comunicación, etc. E posteriormente nas salas comerciais para que deste xeito lles coste menos dar o salto.

O público seguirá sindo soberán e vai decidir sempre en función do que lle pida o corpo. Pouco hai que facer o respeto, ou tal vez si: máis películas.

Nani García
Nani García
InstagramFacebookLinkedIn
Nani García Silva (A Coruña, 1955) es músico, compositor, pianista de jazz y fue productor de muchos artistas gallegos. En su obra musical hay bandas sonoras, música de concierto, jazz e incluso una ópera. Entre sus piezas más conocidas están las bandas sonoras de O xigante, De profundis, Valentina y Arrugas y la ópera bufa, O loro de Carlos V. A lo largo de su carrera ha recibido premios en el Festival de Jazz de San Sebastián, varios Mestre Mateo y en diversos festivales de cine. Compuso música en una película premiada con un Oscar: Una mujer fantástica, y otra con dos Goya: Arrugas.