El Español
Treintayseis
Cultura
|
Audiovisual

A Mesa lanza 'Pipocas': A web para coñecer todas as series e películas que están en galego

"Dende hoxe as familias con crianzas xa teñen un lugar onde ver filmes de animación na nosa lingua", explican desde a plataforma
A web Pipocas.
A Mesa pola Normalización Lingüística
A web Pipocas.
Ofrecido por:

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou este mércores unha gran iniciativa para gozar do audiovisual en galego. Pipocas é o nome do catálogo web onde se poden atopar todas as series e películas que están dispoñibles en galego en plataformas.

A web é moi intuitiva para o usuario. Na súa portada podemos atopar distintas seccións como filmes e series dobrados ao galego ou contido para nenos. O entrar na ficha de cada obra podemos atopar información e a plataforma onde podemos atopala.

"Esta plataforma responde á demanda recibida pola entidade de defensa da lingua, especialmente dos pais e nais que descoñecen que filmes para as crianzas hai en galego nestas plataformas", explica o responsable de comunicación da Mesa, Carlos Vieito". "Dende hoxe as familias con crianzas xa teñen un lugar onde ver filmes de animación na nosa lingua", conclúe Vieito.

Cultura