Opinión
|
Tribuna Abierta

Manifesto en defensa da dignidade de vivir no rural

Unha reflexión do presidente da Asociación Agraria de Galicia sobre a delicada situación dos agricultores e os danos que provoca o ecoloxismo extremo integrado pola UE nas súas políticas agrarias
Por Francisco Bello
Europa Press
Concentración de tractores en las carreteras españolas en febrero de 2024.

A Política Agraria Europea (PAC), é a política común máis antiga de UE, data do 1957 e acordouse, entre outros motivos, para que os cidadáns europeos non volverán a pasar fame tal como acontecerá despois das dúas grandes guerras mundiais sufridas, e para compensar as rendas dos produtores europeos por produciren alimentos sanos, de calidade e con tódalas garantías sanitarias en cantidade suficiente para a poboación a uns precios asequibles para a inmensa maioría dos cidadáns. 

Este principio básico que debería continuar vixente lamentablemente xa non é así na realidade, dado que dende xa fai décadas, a UE está a integrar o ecoloxismo extremo nas súas políticas agrarias. Nos últimos anos, esta ola ecoloxista e tecnócrata está arrinconando e arruinando aos agricultores e gandeiros europeos con restricións a produción, redución drástica das axudas, normativas cambiantes elaboradas dende despachos descoñecedores da realidade das explotacións agrarias e gandeiras totalmente inasumibles que na práctica levan provocando o peche de miles de explotacións na UE e unha dependencia cada vez maior de alimentos mercados fora da propia UE, entre outras.

Este control da política agrícola polos obxectivos ambientais foi impulsada polos activistas verdes e climáticos, e significa nada menos que o fin da agricultura tal e como a coñecemos a día  de hoxe. 

O obxectivo desta nova transformación é simple: reducir radicalmente a agricultura que se practica en toda a UE e substituír a agricultura perdida con esquemas de comercio de emisións.

Os agricultores de toda Europa soportan o peso dunha normativa pouco práctica e impulsada por unhas ideoloxías extremadamente ecoloxistas. Isto ademais de provocar o peche de moitas explotacións conleva un aumento dos prezos dos alimentos impulsado pola escaseza e incrementa os riscos de crises alimentarias  provocadas polos escasísimos controis dos alimentos que entran de fora da UE 

Coas mobilizacións masivas que se están a producir actualmente, os produtores de toda Europa, en xeral, e os galegos en particular estamos loitando pola rendibilidade das explotacións e pola nosa supervivencia, pero tamén queremos chamar a atención de toda a cidadanía o respecto da necesidade de que sigamos alimentando a poboación europea, por suposto con tódalas garantías, sen depender de importacións foráneas de alimentos dos que descoñecemos a súa trazabilidade, seguridade e sanidade alimentaría, condicións laborais dos traballadores que os produciron, etc.

En definitiva, loitamos pola nosa dignidade pero por suposto tamén pola sustentabilidade económica, ambiental e de ocupación do medio rural con actividade produtiva e poboación suficiente para manter os ecosistemas vivos, frear os incendios forestais mediante o mellor sistema preventivo que existe como é a nosa propia actividade e o feito de vivir do e no medio rural. 

Francisco Bello
Presidente da Asociación Agraria de Galicia desde 2015 e membro da Executiva Nacional de Asaja España.
Lo más leído