O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Reigosa.
Ofrecido por:
Onde comer na Coruña, segundo o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira
O responsable de Turismo no ente provincial deixa a política para centrarse na gastronomía e recomendar os seus sitios favoritos para ir almorzar, tomar o aperitivo, xantar, merendar, cear e beber unha copa
Pódeche interesar: Dónde comer en A Coruña, según la chef de Árbore da Veira y la Taberna 5 Mares, Iria Espinosa
Xosé Regueira Varela (Carballo, 1967) é vicepresidente da Deputación da Coruña e dende 2015 dirixe as políticas turísticas do ente. Unha faceta que o apaixoa: durante os últimos anos, Regueira impulsou a cooperación coas outras administracións, especialmente Turismo de Galicia e concellos, como un signo de identidade de Turismo da Deputación da Coruña.
No último lustro, o vicepresidente do ente provincial decidiu pór o foco na eno-gastronomía como elemento principal da promoción turística a través dunha campaña que xa é un referente nos eventos do sector, "A paisaxe que sabe", e a que se adheriron case 150 empresas de produción, transformación e restauración.
Xosé Regueira (BNG) fala da eno-gastronomía como o verdadeiro Silicon Valley de Galicia, que hai que protexer e, sobre todo, apoiar; e que ademais axuda a atraer un turismo de calidade, desconcentrado no territorio e ávido de experiencias auténticas.
Un coñecemento do sector que este sábado o leva a explicar cales son os seus sitios preferidos para ir almorzar, tomar o aperitivo, xantar, merendar, cear ou beber unha copa. Un paseo por varias zonas e locais de hostalería da cidade para gozar con cada bocado e cada grolo.
Onde almorzar
Churrería Bonilla a la Vista
- Bonilla a la Vista:
- Habaziro: Rúa Luís Quintas Goyanes, 2, 15009 A Coruña
- Pandelino: Rúa Rosalía de Castro, 7, 15004 A Coruña
O chocolate con churros de Bonilla a la vista "non debería faltar en ningunha opción", asegura Regueira, que considera que o croisant con manteiga de Habaziro é o mellor de toda A Coruña.
Outra opción que da o vicepresidente da Deputación para comezar o día é Pandelino, ubicado na rúa Rosalía de Castro e que ofrece "multitude de posibilidades para un bo almorzo".
Onde tomar o aperitivo
Culuca
- Almacén Concept Store: R. Olmos, 7, 15003 A Coruña
- Culuca: Av. Arteixo, 10, 15004 A Coruña
- Cantón 23: R. Cantón Pequeno, 23, 15003 A Coruña
Unha moi boa opción para gozar do aperitivo é Concept Store Almacén, un "fermoso local que ademais é tenda, con boa carta de viños e vermús", mentres que no Culuca Regueira recomenda os seus coñecidos callos cun viño ou un vermú.
"Cantón 23 ofrece chateo, vermú e picoteo rápido. O concepto de bar de aperitivo de toda a vida", sinala o vicepresidente da Deputación da Coruña sobre unha terceira opción para tomar algo a media mañá.
Onde comer
Un dos pratos de NaDo.
- Prazer: Rúa Salgado Somoza, 13, 15002 A Coruña
- NaDo: Callejón de La Ruela da Estacada, 9, 15001 A Coruña
- Miga: Praza de España, 7, 15001 A Coruña
"Puro rock´n´roll, ambiente e cociña desenfadada e de calidade". Así define Xosé Regueira o Restaurante Prazer, ubicado en Zalaeta e unha das súas opcións para xantar.
De NaDo, o vicepresidente da deputación coruñesa destaca o "bo ambiente", así como a "excelente" atención e unha cociña que sempre sorprende. Miga, por outro lado, ofrece unha proposta gastronómica "de calidade nun ambiente moi agradábel" na que a atención é marabillosa.
Onde merendar
Café Siboney en A Coruña.
- Miss Maruja: R. Zalaeta, 4, 15002 A Coruña
- Siboney:
- Bico de Xeado: Avenida Marina, 21, 15003 A Coruña
Miss Maruja, un "local retro con opcións deliciosas", é unha das recomendacións de Regueira para amenizar a tarde cun bocado, mentres Siboney é un clásico, "sobre todo para os que somos cafeteiros".
Más alá destas posibilidades, o vicepresidente da Deputación da Coruña ten unha máis fría, pero non por iso menos apetecible en inverno: Bico de Xeado, con propostas artesanais de calidade e que "sempre é unha boa opción".
Onde cear
Vistas dende Árbore da Veira.
- Salitre: P.º Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, 25, 15002 A Coruña
- Bido: Rúa Marcial del Adalid, 2, 15005 A Coruña
- Árbore da Veira: Estrada Os Fortes, s/n, 15011 A Coruña
Salitre é, segundo Reigosa, un local "moi ben decorado" con atención agradábel e "cociña inmellorábel": "Os arroces fantásticos".
O vicepresidente da deputación destaca Bido como un establecemento "fermoso" cunha proposta gastronómica de altísima calidade, mentres que define a Árbore da Veira como "espectacular": "Cociña local, vistas...".
Onde tomar unha copa
Interior do Bristol.
- Café Universal: R. San Andrés, 1, 15003 A Coruña
- Café Bristol: Rúa Torreiro, 11, 15001 A Coruña
"Diferentes ambientes a diferentes horas, pola noite un lugar agradábel para rematar a noite", señala Regueira sobre o Bristol. Outra opción para rematar a xornada é o Bristol, do que o vicepresidente da deputación coruñesa destaca a "boa música e bo ambiente para tomar algo despois de cear".