El Español
Treintayseis
Actualidad
|
Galicia

Ana Pontón: "Hai partido e no BNG saímos a gañalo"

Entrevistamos á candidata á presidencia da Xunta de Galicia e líder do BNG cando só faltan uns días para o comezo da campaña electoral do 18-F
Ana Pontón nos pasillos do Parlamento Galego
Lino Escurís
Ana Pontón nos pasillos do Parlamento Galego

Ana Pontón está ante a maior oportunidade da súa vida. Nada en Sarria, Lugo, en 1977, a líder do BNG afronta as eleccións galegas o 18 de febreiro como líder da oposición e segunda forza en todas as enquisas. Se hai un “cambio” en Galicia, como se refiren desde a esquerda a que o PP deixe de gobernar, estará encabezado por ela como presidenta da Xunta.

Para que Galicia teña por primeira vez a unha presidenta nacionalista, o BNG terá que mellorar o resultado de 2020, que foi o mellor da súa historia, pero a clave é que o PP empeore o seu ata o punto de baixar dos 38 escanos que dan a maioría absoluta no Parlamento Galego. Precisamente é desde o seu despacho deste espectacular edificio onde nos recibe a candidata, nun atarefado sábado de precampaña. Quedan tres semanas para as eleccións galegas e a muller que salvou ao BNG de ser absorbido polas Mareas de Yolanda Díaz nótase rebosante de enerxía. “Hai partido e no BNG saímos a gañalo”.

Qué tal está sendo esta precampaña? Como afrontades estas eleccións?

Pois está sendo unha precampaña moi intensa, moi emocionante e ilusionante. Eu estou sentido tanto na rúa como nos actos, que hai unha pulsión de cambio moi potente na sociedade galega. Que o BNG é a forma que aglutina a pulsión de cambio neste país, e teño unhas vibracións boisimas. E penso que estamos a un puñado de votos de conseguir que este país faga historia e teña por primeira vez a unha presidenta coas mans libres.

Por qué dis coas mans libres?

Porque imos ter unha presidenta que non teña que pedir permiso en Madrid e únicamente se vai deber aos galegos e ás galegas. Serán os únicos que me den ordes. A min desde Madrid non me van poñer límites á hora de defender Galiza. Nin desde Madrid, nin tampouco desde ningún consello de administración de ningunha multinacional.

“Algún candidato nas pasadas xerais que confiou demasiado nas enquisas, pensaba que ía a estar sentado na Moncloa e hoxe está na oposición”

Están saíndo moitos sondeos nestas últimas semanas e a nova desta última é o do CIS, o único que cuestiona unha maioria absoluta do PP (entre 36 e 38 diputados), e deixa aberta unha posibilidade de cambio. Como recibides esta enquisa e a posibilidade de chegar á Xunta?

É certo que o CIS é unha enquisa diferente a outras, porque neste caso ten unha mostra de 11.000, que é case dez ou once veces máis que a media das enquisas que se están publicando. Creo que nese sentido hai datos moi claros que tamén se apuntan noutros estudos demoscópicos que nos dicen que hai unha maioría en Galiza que quere cambio, que o cambio é posible e que vai a depender de duas claves: que haxa unha gran participación e que se concentre ese voto de cambio no BNG. É certo que as enquisas son enquisas, e o que vale é o que decidan os galegos e as galegas nas urnas o próximo 18 de febreiro. En todo caso, é evidente que hai partido e no BNG saímos a gañalo para que este país poida avanzar e progresar, porque é certo que levamos 15 anos de retrocesos. En todo caso, eu sempre digo que hai que ver ás enquisas como o que son, de feito algún candidato nas pasadas xerais que confiou demasiado nas enquisas, pensaba que ía a estar sentado na Moncloa e hoxe está na oposición. Polo tanto, queda moita xente á que convencer e eu o que quero é que os galegos e as galegas voten con ilusión e coa convicción de que o BNG ten un proxecto que ofrecerlles.

Houbo unha situación semellante, a do ano 2001, na que o BNG partía como segunda forza política, e pensouse tamén que podería haber un goberno liderado polo BNG. Pero consideras que esta é a maior oportunidade na historia do BNG de liderar un goberno en Galicia?

Pois eu creo que estas son as eleccións máis importantes, non só para o BNG, senon para Galiza, porque nos estamos xogando as próximas décadas, e é certo que nunca tivemos tan cerca a presidencia da Xunta e que podemos facer historia, que podemos ter por primeira vez a unha presidenta do BNG. E creo que esto é importante, porque se botamos a vista atrás, nestes últimos 43 anos de autonomia en Galiza houbo seis presidentes, todos homes e todos de forzas estatais. E o certo é que non conseguiron situar ao noso país onde se merece. Polo tanto se queremos resultados diferentes temos que apostar por algo distinto. E qué mellor que unha muller na presidencia, e o do BNG?

“A foto con Beiras alegroume moito e xenerou unha tremenda ilusión neste país”

Unha das fotos da precampaña electoral foi a de Beiras. Esa aperta con Beiras, esa firma da paz con Beiras. Que supón para ti, unha persoa que medrou nun partido liderado por Beiras e do que Beiras era o rostro máis identificable?

Bueno, creo que ese día, ese momento e todo o que rodeou chegar a ese lugar foi algo, creo que moi moi emocionante, unha destas cousas que che deixan unha certa pegada no corazón. Por que ademais, non é que me alegrara, e que me alegrou moito, e xenerou unha tremenda ilusión neste país. Porque detrás desa foto e dese acordo tamén se ve outra forma de entender a política e un análise sobre que en politica o importante e que poñemos a un país e ás persoas por diante.

E o certo é que ANOV  fai unha lectura do que está pasando en Galiza, analiza que este é un momento histórico, que por primeira vez o nacionalismo pode ter a presidencia e que isto significa un gran avance para o país, oportunidades de mellorar a vida das personas, e creen tamén que é un momento de apostar con decisión por iso e fano non por un posto, nin por intercambios de cadeiras, sino única e exclusivamente por poñer a cidadanía por diante. E creo que esas dúas imaxes son dúas imaxes que demostran o que queremos facer neste país e que nos estamos xogando nestas elecciones. Eu son unha persoa que me gusta unir, creo que ese é unha clave da política e me parece que tamén esa foto demostra que o elemento que pode derrotar o Partido Popular é que o BNG concentre o voto de cambio.

Ana Pontón e Xosé Manuel Beiras tras firmar o acordo

O BNG é como un gran descoñecido a nivel estatal, porque xenera gran curiosidade e a xente intenta facer analoxías. “Esto é como X, pero en Galicia”.

Somos máis coñecidos do que pensaba. Eu veño de Lugo e paráronme ali unha xente que é de Madrid, que estaba pasando o fin de semana, e dime, seguimoste un montón desde Madrid. A min sorprendeume moitísimo. Quizais o mellor, non nos sacan tanto en certos espacios mediáticos, pero sí que hai, creo que ahora mesmo unha expectativa moi grande en torno ao BNG dentro e fora.

“Galiza non pode quedar nin un milímetro por detrás do estatus que consigan Euskadi e Cataluña”

O BNG defínese como nacionalista, pero cal é agora mesmo a posición do partido e a túa en materia de autogoberno: Soberanismo? Máis autonomía? Estado confederal? Estado plurinacional? Un achegamento a Portugal?

Agora mesmo o que estamos propoñendo en materia de autogoberno e a reflexión que estamos facendo vai en varias direccións. A primeira, que o mínimo que temos que esixir é que se cumpla o actual estatuto, porque levamos 43 anos despois con moitísimas competencias, máis de 30, que ainda non están transferidas a Galicia. Por tanto, queremos actuar aí. En segundo lugar, nós entendemos que estamos tamén ante un proceso histórico que se está acelerando no conxunto do Estado Español, en que se vai dar unha redefinición do Estado e o papel que as nacións teñen. E é evidente que Galiza , xunto con Euskadi e Cataluña, representa a unha desas nacións. E entendemos que o recoñecemento da plurinacionalidade é un aspecto que vai ser positivo para a democratización do Estado Español, para a defesa dos dereitos, das liberdades, e para avanzar hacia unha sociedade máis igualitaria. Por iso, vamos a propoñer neste Parlamento un gran acordo para que a Galiza se nos recoñeza como nación e que non quedemos nin un milímetro por detrás do estatus que consigan Euskadi e Cataluña. Porque o que é evidente é que nos próximos anos, non sei decir exactamente en cantos, esa modificación da estrutura do Estado vai producirse, porque é inevitable, e o que non podemos é permitir que Galicia quede atrás. E esa é a estratégia que vamos a seguir neste momento.

O nacionalismo ten un papel moi destacado na política de España en xeral. O feito de que haxa un presidente socialista débese aos nacionalistas, e mesmo a polémica das últimas semanas e das vindeiras é o tema da amnistía de Cataluña, as esixencias de Junts, como por exemplo a competencia de migración. En xeral, cal é o punto de vista do BNG nestes temas estatais?

Nós estamos na política estatal cun prisma galego e, evidentemente, vamos a unha legislatura onde o voto do BNG se revaloriza porque é certo que nas aritméticas que se poden dar, as abstencións de Junts, que creo que van a ser algo bastante habitual, fan necesario que O BNG apoio as iniciativas do Goberno. E nos queremos aproveitar ese oco para beneficiaros aos galegos e as galegas. Temos un acordo de investidura que está asinado con Sánchez, que é só un acordo de investidura, polo tanto, temos as más libres e vamos a negociar máis aspectos que melloren a vida dos galegos e das galegas. Un que nos preocupa moito é que acabemos coa discriminación nas elevadas peasxs que pagamos neste país. Nesa dirección, nos xa conseguimos que haxa descontos históricos, ata o 75% en AP-9 e en AP-53 para as persoas que utilizan esa vía de maneira habitual, pero creemos que isto non é suficiente. Temos que traballar para conseguir a gratuidade e o traspaso a Galiza desas vías. Creo que, ademais, no caso de AP-9 é un escándalo, porque todas as da súa xeración son neste momento gratuitas. E creo que se se rescataron as radiais madrileñas, tamén se poden rescatar a AP-9 e liberar a de peaxes. Vai ser unha liña na que imos traballar, non só desde o Congreso, sino tamén se eu teño a confianza dos galegos e das galegas para ser a súa presidenta. E creo que o que nos interesa é falar menos da axenda dos demais e empezar a falar máis da axenda galega.

Ana Pontón, nun momento da entrevista (foto: Lino Escurís)

Estas van ser unhas eleccións galegas que coincidan cun tema de política estatal que xenera moita controversia, que é o tema da tramitación e votación da lei de Amnistía para os nacionalistas cataláns. Agárdase que o BNG vote que si a esa lei. Pensas que iso pode ter un impacto no electorado de Galicia?

Creo que o Partido Popular sabe que a súa xestión é un desastre, e por iso quere que nesta campaña non se fale de Galicia, que falemos de outros temas, porque realmente o balance que nos deixa o PP é unha Galiza máis pequena. Perdemos poboación. Vía na prensa estes días unha noticia que é moi significativa. Ademais de como se agrava a nosa crise demográfica, o ano pasado foi o ano que menos nenos e nenas naceron desde que hai resistros neste país. É unha crise que se está agonizando, e as súas políticas non están servindo para nada. 

Estamos vendo como emigraron 200.000 mozos e mozas, como a Galiza perde peso industrial, esta baixando o peso da industria no PIB, ou como temos uns servizos públicos contra as cordas, nomeadamente a sanidade. Entón, o PP, claro, non lle interesa falar do seu balance, pero é unha falta de respecto aos galegos e as galegas, porque o que nos xogamos nestas eleccións non é o que pasa en Madrid. O que nos xogamos nestas eleccións e que futuro, que vida vai ter a xente deste país, que sanidade, que educación, que atención aos maiores, que oportunidades pra xente moza. E é evidente o fracaso do PP, que quere tapar o balance coa política estatal, e eu teño a sensación de que a cidadanía isto tamén o capta, e que hai un esgotamento moi claro do Partido Popular. A sociedade está farta do goberno do Partido Popular, e o próximo 18 de febreiro vai a ir a apostar por algo diferente que é o que representamos o BNG.

“Estos catro últimos anos do PP son a decadencia dos quince de goberno”

Cómo valoras a Xunta de Galicia nestos catro anos no conxunto dos quince que leva gobernados o PP?

Estos catro son a decadencia dos 15. É un goberno que se ve superado e que está instalado única e exclusivamente na propaganda e na manipulación. Fíxate que a mín hai cousas que me parecen incríbles. Que en 15 anos non foras capaz de construir nin unha soa residencia pública cando tens unhas listas de espera das persoas que o necesitan de ate dous anos. É un síntoma dun goberno que ten  abandonado un país. Cando non eres capaz de conseguir ni un só proxecto tractor estratégico e que non tes un proxecto que ofrecer. Cando non eres capaz de salvar nin unha soa empresa en crise. Cando o que provocas é que haxa listas de espera en atención primaria, o nunca visto. Cando non fas nada ante a migración da xente moza, o balance é dun goberno que está instalado na incompetencia e na incapacidade. E que fai evidente que o cambio en Galiza non é que sexa necesario e que vaia ser imparable se realmente queremos ter un futuro mellor. Porque co PP perdemos e co BNG Galiza gaña.

Todo o mundo percibe que a sanidade está mal, en todas as comunidades, independentemente da cor política. Coinciden moitos problemas: listas de espera, colapso da atención primaria, etc. Como vai abordar este tema o BNG para melloralo?

Si me permites, a mí non me gusta compararme cos que están peor, creo que sempre hay que compararse cos  que están mellor, e en todo caso, en atención primaria Galiza está a cola. Recentemente coñecimos un informe que fixo o defensor do paciente que di que a nosa atención primaria é a que está máis saturada de todo o Estado Español. E temos razóns que son muy evidentes. Si ti non invirtes en atención primaria, o servizo deteriorase. De feito, Galiza é a segunda comunidade que menos invirte en atención primaria. Só o fai peor Madrid. E nós o  que queremos é recuperar a atención primaria. Para iso, que imos facer? En primeiro lugar, un plan de rescate da atención primaria, dotado un mínimo de 200 millóns de euros que se porá en marcha nos cen primeiros días. Tamén vamos a facer unha reforma da atención primaria para incorporar novas especialidades e  novos profesionais. Moi especialmente, penso que é unha cuestión clave a psicoloxía clínica, o 30% das consultas teñen que ver con problemas de saúde mental. E imos tamén recuperar o prestixio da atención primaria e que sexa un lugar atractivo para que os médicos e médicas queiran facer medicina de familia. E garantizar a todos os nenos e nenas neste país que van a ter un pediatra no seu concello. Porque a día de hoxe temos até 11.000 que non teñen pediatra ni ningún médico asignado.

Ana Pontón, nun momento da entrevista (foto: Lino Escurís)

Un dos problemas que se agravaron máis dos últimos anos en Galicia particularmente, é o tema da vivenda. A Coruña, Santiago e Vigo son sitios donde cada vez é máis difícil acceder á vivenda por unha combinación de factores, entre os cales está tamen o pulo das vivendas turísticas. Que vai facer o BNG para atallar este problema?

É un problema complexo que tamén herdamos unha situación moi difícil, porque nestos últimos 15 anos o Partido Popular dinamitou a política social de vivenda. Mentre se endurecian cada vez máis esas posibilidades de acceder á unha vivenda, o PP non fixo absolutamente nada. Nos o que queremos facer, pois primeiro poñer o foco nalgunhas realidades que afectan moito nas cidades, e que hai moita vivenda valeira. De feito, A Coruña e Vigo están entre as cidades do Estado Español con máis vivenda valeira. Creemos que hai que facer un plan para mobilizar esa vivenda valeira, que ten que incluir medidas como que a Xunta compre vivenda e a poña en aluguer a prezos taxado para rentas que teñen más problemas para acceder, tamén atendendo á especificidade da mocidade. E, en segundo lugar, facendo, por exemplo, que os grandes tenedores de vivenda, como son os bancos e alguns fondos de inversión, teñan un imposto que grave ter esa vivenda parada.

Por tanto, que consigamos o obxetivo é movilizala,  e que non a queira movilizar, que teña que dar  recursos á administración que logo poida reinvertir en política social de vivenda. E isto acompañado de que hai que incrementar as axudas. Nós creemos que, como mínimo, pois hai que duplicar as axudas que se están destinandoa aluguer para colectivos como poden ser a mocidade.

Un dos temas no que o BNG é máis belixerante é o das enerxías renovables. Parte da poboación de Galicia está preocupada polo aumento dos parques eólicos. E considerase que a Galicia ten moitísimo potencial da xeneración de enerxía, pero hai xente que non está de acordo con aproveitalo. Cal é o punto de vista do BNG neste aspecto?

O BNG  está a favor das enerxías renovables. Non pode ser de outra maneira. Temos unha emerxencia climática que temos que abordar. Pero creemos que hai que facer ben as cousas. O que non se poden é repetir os erros do pasado. Nós hoxe xa estamos nun nivel de desenvolvemento das enerxías renovables moi importantes no noso país. De feito, cumprimos algúns dos objetivos que están marcados para o ano 2030. Isto o que nos permite é pensar ben como queremos facelo para o futuro. E neste momento o que pasa é que se lle quiso poñer a etiqueta verde a que as eléctricas teñan barra libre para destruir espazos naturais, para non respetar a xente do rural, e para seguir con un modelo que a enerxía que se produce en Galiza non beneficia nin ás persoas nin ás empresas. E nos hoxe o que creemos é que hai que parar e reflexionar o modelo. E o modelo ten que ser sustentable, ten que respetar o medio ambiente, ten que respetar a xente do medio rural e ten que deixar retorno no noso país.

Por iso estamos dicindo que hai que apostar polas comunidades enerxéticas, polo autoconsumo, hai que ter unha compañía eléctrica 100% pública, temos que defender unha planificación e unha ordenación de que tipo de energías renovables vamos a poñer en marcha e onde. E iso que se faga con un gran consenso social, e por último temos tamén que ser capaces de que esa energía deixe os seus beneficios no país. E iso pode facerse primeiro reclamando unha tarifa máis barata e segundo vinculando os parques eólicos con proxectos empresariais que xeneren actividade económica no país, que pechen ciclos productivos. Temos un modelo moi ben pensado e deseñado que é para cambiar o espolio que se produce neste país e a barra libre que teñen as eléctricas, por un modelo que realmente sexa un modelo de xustiza energética, que é o que defendemos desde o BNG.

“Traballamos cun plan de reindustrialización de Galiza, que nos permita aproveitar os sectores básicos”

Cales son as túas principais propostas para chegar á Xunta de Galicia?

Nos o que temos é un programa moi amplo en todas as materia.  Por exemplo, no ámbito económico, creemos que este país ten que ser un país que aborde os desequilibrios que se están producindo. Para iso, traballamos cun plan de reindustrialización de Galiza, que nos permita aproveitar os sectores básicos, pero tamén poñernos en marcha no ámbito de novas actividades que son emerxentes e donde tenemos capacidades para poder facelo. Apostamos por un pacto galego pola ciencia e pola innovación para que destinemos a este ámbito un 3% de PIB no horizonte do año 2030. Creemos que no hai que competir en precariedade, sino encamiñarnos a unha economía de conocimiento. Pensamos que é fundamental recuperar os servizos públicos e tamén gañar capacidades para poder tomar decisións aquí, fortalecendo o noso autogoberno e a nosa propia capacidade de decisión, e poñendo en marcha un novo proxecto de país que sexa  un proxecto feminista, un proxecto ecoloxista e un proxecto onde as persoas estén no centro.

Destácase moitisimo, no teu caso, que dalgún xeito salvaches ao BNG…

Bueno, non é o meu mérito, é un mérito da organización. Eu fun a cara dese proceso pero eso é un mérito colectivo.

Saliéntase sobre todo a túa moderación, e dalgún xeito destácase tamén que o BNG se percibe como un partido máis moderado contigo ao frente. Podemos, se hai un gobierno do BNG, agardar uns perfís tan moderados como o teu ao fronte das consellerías?

Bueno, primeiro, son do BNG, igual que todos os meus compañeros e compañeiras, temos os principios e as ideas moi claras e chegamos aquí grazas a un esforzo colectivo. Escoitote a ti e penso no PP, que sempre di que somos o BNG máis radical, e digo, bueno, en fin, cada un fai as súas análises. En todo caso, máis alá desas valoracións, o que conseguimos creo que é moi importante, é que a xente sabe o que defende o BNG,  cales son as nosas propostas para poder mellorar a súa vida.  E iso eu creo que é unha das claves, porque moitas veces a opinión ou a imaxe que ten a xente do BNG era o que outros decían de nós, non o que nós estabamos dicindo.

E me parece que aterrar un pouco na vida das persoas o que defendemos é o éxito do que estamos conseguindo. E tamén que neste país moitísima xente está farta das forzas estatais. Porque é certo que son responsables da situación na que está hoxe Galiza e non foron capaces de poder encarar os grandes retos. 43 anos, 6 presidentes, todos do Partido Popular ou do Partido Socialista, non conseguiron que a Galiza este en o lugar que debería estar. E iso é o que nos xogamos o próximo 18 de febreiro. E eu é pra iso polo o que lle pido a confianza e unha oportunidade aos galegos e as galegas para demostrarles que podemos facer algo grande por este país. Que hai outra forma de facer política e que hai grandes oportunidades para a Galiza desde a confianza en nós mesmos. E estou tamén certa de que o 18 de Febreiro podemos empezar a convertir moitos soños en realidade e vai a ser un gran reto pero teño toda forza e toda ilusión para demostrar que pensando Galiza en grande somos capaces de construir un país mellor.

Ana Pontón, nun momento da entrevista (foto: Lino Escurís)

Nas eleccións parece que solo hai dúas posibilidades: unha maioría absoluta de Alfonso Rueda ou un bipartito, pode que tripartito, encabezado polo BNG e apoiado a lo menos polo PSOE. Hai algunha conversación previa con Besteiro ou pensastedes cales son as áreas de goberno que quere o BNG?

Primeiro, cando hai unhas eleccións, é a cidadanía a que ten que opinar. A cidadanía decide que representación lle dá a cada forza e, a partir de aí, son os cidadánsos  que deciden os pactos e que papel ocupa cada quen. Teño a sensación e teño a percepción de que nestas eleccións, realmente o que nos xogamos é si o presidente vai a ser do Partido Popular ou temos unha presidenta do BNG. Esta é a clave destas eleccións. De feito, o Partido Popular sabe que se intenta dispersar o voto que quere cambio, pode ter unha oportunidade. Por tanto, nos o que temos é que facer o que non quere o Partido Popular, que é unir en quen está disputando a presidencia da Xunta todo ese voto de cambio, porque é a garantía de que o 18 de febreiro teñamos un novo goberno que abra unha nova etapa de esperanza neste país. E esta é unha das cuestións fundamentais. Participación e unir no BNG o voto do cambio para derrotar o Partido Popular.

Hai un cuarto partido en liza que é Sumar, que quizais sexa necesario para un goberno do BNG. Como é a relación con Marta Lois, coa que hai un pasado alumna-profesora?

Creo que en política estamos todos e todas en igualdade de condicións. Eu teño moi boa relación sempre con todo o mundo, son unha persoa dialogante e sempre vou ter a man tendida a todas as persoas, e a man tendida ao entendimento e ao encontro que me parece que é fundamental en política. E moito máis nestos tempos crispados onde estamos demostrando, digo con humildade pero con orgullo, que a manera de facer política do BNG tamén achega moita xente a política. Porque o que estamos fartos e fartas é de ver esa crispación, eu creo que esa dexeneración de estar caendo no insulto. Nós o que representamos tamén é unha forma de entender a política desde o respeto, desde as ideas, desde o rigor e desde esa capacidade para poder entendernos desde a diferencia, que creo que é fundamental.

“O PP está moi crispado e estanos traendo a crispación”

A raíz desto, é certo que Galicia está moito menos crispada ca o resto do Estado?

Bueno, o PP de aquí está moi crispado e de feito estanos traendo a crispación e nesta campaña xa o demostraron. Eu vexo a TVG e as cousas que se din de min a veces son moi fortes, e escoito algunhas acusacións como que temos unha confabulación entre, non sei, creo que era a Rusia, a China e as Filipinas, con bots de por medio. Esto é todo desesperación do PP, vexoos moi desesperados e moi nerviosos, inventándose bulos para atacar á oposición e traer aquí a cripación madrileña.

Finalmente, a clave deste 18-F. Que pensas que vai decidir a balanza a un lado ou outro?

Pois a clave é que ningún voto que quere cambio quede na casa nin se perda. Esa vai ser a cuestión central, que no BNG unamos a todas as persoas que queren cambio neste país. Porque se o facemos, imos derrotar ao Partido Popular e imos ter a unha presidenta que lle vai devolver a esperanza aos galegos e as galegas.

Actualidad