María Quintiana

María Quintiana Pérez é, desde o mes de maio de 2024, a directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia. Nada en Ortigueira (A Coruña) en 1991, é graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesional da comunicación con máis de dez anos de experiencia, desenvolveu tarefas de asesoría de comunicación do Presidente da Xunta de Galicia, ademais de asumir a coordinación de redes da Xunta. Previamente á súa etapa na administración autonómica, desenvolveu labores de comunicación corporativa e relacións públicas en consultoras e gabinetes de prensa.