O equipo de marketing de Xenera.

O equipo de marketing de Xenera.

Ofrecido por:

Empresas

A compañía eléctrica galega XENERA lanza unha campaña con Acougo: "Os refuxios de animais requiren moita axuda"

A iniciativa busca dar a coñecer os animais acollidos no refuxio de A Laracha e fomentar a colaboración da cidadanía para o seu coidado

Publicada
Actualizada

Contido patrocinado

Solidariedade e compromiso danse a man en 'Diario das Vaquiñas', a iniciativa que a compañía eléctrica galega XENERA lanzou esta semana con Acougo. O refuxio de animais de granxa de A Laracha dará a coñecer a través de redes sociais o seu traballo e presentará a dúas vacas e dous touros para visibilizar a situación pola que pasaron.

Un achegamento a unha realidade dura que a empresa quere compartir cos seus clientes e con todas aquelas persoas con inquedanzas sobre o benestar animal. XENERA caracterízase, precisamente, por ser unha empresa próxima que leva dende 1896 traballando para que os galegos se sintan parte deste proxecto.

Agora, achégalles a realidade de Acougo, un refuxio creado en 2022 por Mara Collazo. Galega afincada en Madrid durante moitos anos, regresou a casa co obxectivo de crear un lugar no que os animais non tivesen que estar encerrados e morresen de vellos.

"Queremos mostrar como son realmente os animais nun entorno amable. Mediante a unión de seres humanos con empatía, paixón e amor para cos animais, rescatámolos do maltrato, da exploración e da escravitude", recolle a web da asociación sen ánimo de lucro.

Mara Collazo cumpliu o seu soño e reformou unha antiga explotación gandeira en desuso que se convertiu no fogar merecido duns 70 animais rescatados de explotacións e malos tratos. Catro deles serán os protagonistas da campaña de XENERA Compañía Eléctrica.

O equipo de marketing da empresa, con Andrea Candamio á fronte, destaca a importante labor que realiza este refuxio e anima á cidadanía a colaborar no coidado de becerros, porcos ou cabras da forma que mellor lle veña. Doacións, apadriñamento e amadriñamento ou voluntariado (que pode facerse de forma puntual ou como residente) son algunhas das opcións para apoiar a Acougo.

Unha das vacas de Acougo.

Unha das vacas de Acougo.

Como xurdeu a colaboración con Acougo?

Desde XENERA cremos que é importante aproveitar a nosa visibilidade para apoiar entidades que o necesitan. Quixemos levar a cabo esta acción porque os refuxios de animais requiren moita axuda para poder continuar co seu labor, especialmente os de animais de granxa, que adoitan contar con menos recursos e son máis complexos de manter.

Por que elixistes Acougo para facer esta colaboración? A que se dedica esta entidade?

Acougo é un refuxio de animais de granxa situado en A Laracha (A Coruña) que realiza un traballo fundamental no coidado e recuperación de animais procedentes de situacións de abandono ou maltrato. Escollémolo precisamente polo valor desta labor e pola necesidade de darlle máis visibilidade.

Como vai colaborar XENERA co refuxio?

O refuxio recibiu unha doazón económica o pasado 30 de abril. Ademais, desde XENERA queremos contribuír a difundir o traballo de Mara e de todo o equipo, para que máis xente coñeza a súa dedicación.

Dentro desta colaboración nace 'Diario das Vaquiñas', unha campaña que permitirá achegar á xente a realidade do refuxio, coñecer aos animais e fomentar o apadriñamento e a implicación cidadá. O obxectivo é axudar a que o refuxio teña maior estabilidade e poida seguir desenvolvendo a súa actividade.

Mara Collazo, responsable de Acougo, nas instalacións do refuxio.

Mara Collazo, responsable de Acougo, nas instalacións do refuxio.

XENERA realizará a iniciativa 'Diario das Vaquiñas' entre maio e xullo. En que consiste? Onde se vai poder ver?

'Diario das Vaquiñas' é unha campaña de difusión nas redes sociais de @xeneraenerxia e @acougo_refugio_de_animales, na que se dará visibilidade a dúas vacas e dous touros do refuxio. A idea é que a xente poida coñecelos, entender a súa situación e implicarse no seu coidado a través do apadriñamento.

A primeira acción lanzouse o 20 de maio, presentando o proxecto e o traballo do refuxio. Durante os meses de xuño e xullo publicaranse novos contidos centrados nos animais.

O refuxio alberga 70 animais procedentes de situacións de abandono ou maltrato. Credes que hai menos visibilidade ou máis descoñecemento da situación de maltrato ou abandono destas especies de animais?

Sen dúbida, cremos que este tipo de refuxios son menos coñecidos e, precisamente por iso, necesitan máis visibilidade. É importante dar a coñecer esta realidade para fomentar unha maior implicación social.

Como pode colaborar a cidadanía con Acougo e XENERA?

Calquera persoa pode colaborar de diferentes formas: apadriñando animais, facendo doazóns, participando como voluntaria ou achegando recursos como alimento ou materiais necesarios.

Toda a información e as opcións de colaboración están dispoñibles na súa páxina web: https://acougo.org/

"As empresas tamén deben ter un papel activo na sociedade. Este tipo de accións permiten xerar un impacto positivo real, aproveitando a nosa capacidade de comunicación para dar visibilidade a proxectos que o necesitan"

Andrea Candamio, responsable do departamento de marketing de XENERA Compañía Eléctrica

Por que considerades que é importante, como empresa, impulsar este tipo de iniciativas?

Desde XENERA entendemos que as empresas tamén deben ter un papel activo na sociedade. Este tipo de accións permiten xerar un impacto positivo real, aproveitando a nosa capacidade de comunicación para dar visibilidade a proxectos que o necesitan.

En que outras iniciativas solidarias está implicada XENERA?

Ao longo dos anos, desde XENERA impulsamos diferentes iniciativas ligadas ao territorio galego, como patrocinios deportivos, colaboracións culturais e apoio a proxectos locais mediante doazóns.

Buscamos contribuír a potenciar o talento, a creatividade e o deporte en Galicia, apoiando iniciativas que axuden a dinamizar a nosa contorna.

Unha das cabras de Acougo.

Unha das cabras de Acougo.

O ano pasado fostes recoñecidos co Premio BenFeito como mellor empresa de servizos galega. Que supuxo para vós recibir este galardón?

Foi un recoñecemento moi importante para todo o equipo. Supuxo confirmar que a cidadanía confía en nós como empresa e que estamos a facer as cousas ben.

Traballamos sempre cunha comunicación clara, próxima e honesta, e este premio foi unha mostra de que ese esforzo se valora.

Ademais, seguimos medrando con presenza nas catro provincias galegas, o que nos permite estar cada vez máis preto da xente e mellorar o noso servizo.

Que distingue a XENERA doutras compañías eléctricas?

En XENERA temos como prioridade unha atención ao cliente próxima, personalizada e baseada en persoas reais. Apostamos pola transparencia e pola claridade na información, algo fundamental nun sector como o enerxético.

Levamos desde 1896 en Galicia e seguimos traballando para que os galegos e galegas se sintan parte deste proxecto, sabendo que teñen unha comercializadora próxima e accesible.