Mercabetanzos en 2024.
Ofrecido por:
Betanzos (A Coruña) celebra a súa Feira de Oportunidades os días 4 e 5 de outubro
O evento terá lugar na praza dos Irmáns García Naveira e contará con case unha vintena de comercios locais, sesión vermú e zona infantil
Contenido patrocinado
Betanzos celebra a súa Feira de Oportunidades do Comercio os días 4 e 5 de outubro. Unha ocasión única para adquirir diferentes produtos a bo prezo na praza dos Irmáns García Naveira, onde case unha vintena de comercios locais levarán os seus artículos.
Nin a choiva poderá parar este evento que se celebrará debaixo dunha carpa colocada na céntrica plaza betanceira, que se chama así na honra dos emigrantes Juan e Jesús García Naveira, emigrados á Arxentina no século XIX e que fixeron numerosas aportacións ao municipio.
Un espazo único para un evento excepcional. A Feira de Oportunidades permitirá ás persoas visitantes adquirir unha ampla variedade de produtos con descontos de ata o 50%, ou mesmo superiores en certos casos. Os locais exporán os artigos nos stands situados na carpa.
Así, a xente poderá observar e elixir os produtos que máis se adapten ao que van buscando aproveitando os importantes descontos que ofrece esta feira. Moda, complementos, lencería, libraría, óptica, produtos de hixiene... a oferta é moi ampla grazas aos comercios que confirmaron a súa participación, que son os seguintes:
- Bicos
- Lencería Alicia
- El Cantón Ropa Interior
- Miraquelinda
- ISI moda y complementos
- Xomakids
- Confecciones Chela
- Selgas Óptica- Parafarmacia- Herboristeria
- Tartaruga
- Distrito Palmeras
- Chocolat
- Dans
- Aceitunas la Pastora
- Biblos
- Beatriz 13
- Traviesa
- Studio Zoila Cortizas Vazquez
¿Cando poderá visitarse a Feira de Oportundiades de Betanzos?
O horario será ininterrompido, de 11:00 a 21:00 horas o sábado 4 e de 11:00 a 20:00 horas o domingo 5 de outubro.
Os máis pequenos, ademais, poderán gozar nun rechuncho infantil pensado para que o pasen en grande. Dous monitores encargaranse coidar aos nenos e nenas mentras os seus pais realizan as súas compras. Xogos en grupo, xincana, xogos populares e obradoiros estarán a disposición dos pequenos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas, cun grupo máximo de 25 cativos.
Máis alá da gran oferta de produtos con desconto e das actividades para os máis pequenos, a Feira de Oportunidades contará cunha actuación musical: The Cans. O grupo encaráse de amenizar a sesión vermú do domingo dende as 13:30 horas.
Feira de Oportunidades de Betanzos.
Organizada polo concello de Betanzos coa colaboración de ACEBE CCA, CHESCASCO, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, esta Feira de Oportunidades leva celebrándose dende 2008. Un exitoso formato que chegou a realizar dúas edicións por ano ao finalizar cada temporada, mentres que outras se fixo unha.
Este 2025, precisamente, a feira celebrouse tamén en marzo. Un dos secretos para que este evento se manteña ano tras ano é que se adapta ás circunstancias. Así, este mes de outubro a organización celebra a Feira de Oportunidades nunha carpa na praza dos Irmáns García Naveira para darlle maior visibilidade.