El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Gastronomía, Fiestas, Ferias y Mercados
Ofrecido por:

Mercado Medieval de Alfoz 2023: Programa, cartel y agenda completa

Zona: A Mariña Lucense
Inicio:Viernes, 14 de julio · 00:00
Final:Sábado, 15 de julio · 23:59
Lugar:Concello - Alfoz

Mercado Medieval de Alfoz 2023: Programa, cartel y agenda completa en Concello - Alfoz

Viernes, 14 de julio. Noche de la víspera

  • 21:00: Nun Castro engalanado prendemos o lume da cerna da historia. O Mariscal, chegado dende a Frouseira, presencia o acto. Estamos no 1483.
  • Deseguido, o coro "Mestre Pacheco" de Mondoñedo ofrecerá un concerto de música medieval na igrexa de San Salvador.
  • 22:15: Danzas medievais.
  • 23:00: Confesións e outros misterios co Bispo Don Fadrique de Guzmán.
  • 00:00: Queimada e conxuro. Que o sabor da augardente nos traslade ao medievo. Comezamos a soñar.

Sábado, 15 de julio

  • 11:00: Visita guiada "Dende a ponte ao Castrodouro", un percorrido para coñecer Alfoz e a súa lenda da man da guía Ana Pena. Saída dende a Ponte Nova da Seara e inscricións no teléfono 654996857.
  • 11:45: Pregón a cargo de Víctor Manuel Paz.
  • 12:30: Nomeamento, bendición e imposición de medallas aos Escudeiros do Castro e teatro de títeres coa obra "As tres ofertas".
  • 13:30: Exhibición de aves de cetrería.
  • 14:00: Asalto ás tabernas. Os torresmos e o viño da Fonda do Cabaleiro e os bolos preñados e a cervexa da Todamira saciarán a fame e a sede na nosa viaxe ao medievo.
  • 14:30: Hora de xantar e coller folgos degustando a magnífica oferta
  • gastronómica que ofrecen os diferentes postos do mercado ao son da música de Souto Xímaro.
  • 16:00: Os malabaristas de Asacocirco enchen o Castro de vitalidade e cor.
  • 16:30: Tempo para os máis habilidosos nos Xogos Valecos a carón do Mesón da Torre: lanzamento de caguña, carreira de pipotes e loita de brazos.
  • 17:00: Danzas medievais.
  • 17.30: Exhibición de aves de cetrería.
  • 18:30: Revolta Irmandiña Infantil no palenque dos xogos ecuestres. Os máis pequenos rebélanse contra os abusos do poder.
  • 18:45: Xogos ecuestres.
  • 19:30: Hora das Freguesías. Xentes chegadas de todos os ocos do Alfoz do Castro de Ouro amosan a súa forza e destreza ante os ollos do Mariscal tirando á corda e botando carreiras de sacos.
  • 20:00: Pausa na Todamira e na Fonda do Cabaleiro para coller folgos, pois queda moita xornada por vivir.
  • 20:30: Asacocirco agasállanos cun novo espectáculo no patio de armas do castelo.
  • 21:30: Gran cea medieval composta por mazá, empanada, xamón, chourizo, pan e viño.
  • 23:00: Proxección do documental do Mercado Medieval de Alfoz dez anos despois da súa estrea.
  • 23:30: Espectáculo de lume a cargo de Asacocirco.
  • 00:00: Concerto de Xaramolos.
Ao longo de todo o día haberá demostracións de oficios tradicionais. Os máis pequenos poderán cocer o seu propio pan, participar en obradoiros de artesanía e deixar voar a súa ilusión no Prado dos soños. Os tickets para a cea medieval poderán adquirirse na Torre Fortaleza. O prezo será de 15€ por persoa e dereito á cea, a queimada e o correspondente prato e cunca conmemorativo do XXIII Mercado Medieval de Alfoz.

Información del lugar

Lugar:Concello - Alfoz
Dirección:A Seara S/N
Código postal:27776
Localidad:Alfoz (Lugo)
Útil