El Español
Treintayseis
Actualidad
|
A Coruña

José Manuel Sande, candidato de Por Coruña: "Ninguén vai ter un cheque en branco"

Sande aspira volver a María Pita liderando un proxecto de unidade e ilusión, no que impere o diálogo: "Os acordos non poden incrumprirse, ten que haber unha esixencia"
Quincemil
Ofrecido por:

José Manuel Sande é coruñés e preséntase nestas próximas eleccións municipais para tentar lograr representación e acceder a Corporación Municipal con Por Coruña. O candidato da marca que agrupa a Podemos, Esquerda Unida, Alianza Verde e independentes, quere voltar o Pazo de María Pita, onde xa estivo como concelleiro de Cultura do goberno liderado por Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, formación que tamén concorre a estes comicios.

Presisamente, esa división da esquerda non é unha traba para Sande, quen aboga por "deixar as rivalidades" atrás e fomentar o diálogo entre as forzas progresistas para lograr un goberno estable. Precisamente, por iso, Sande xa puxo sobre a mesa un contrato para negociar con PSOE, Marea e BNG un Goberno de coalición. Un goberno no que, segundo nos manifesta nesta entrevista concedida a Quincemil, "ninguén vai ter un cheque en branco" por parte da formación encabezada por Sande.

A vivenda e mobilidade sostible son dous dos principais retos os que se terá que afrontar a cidade nos próximos catro anos, segundo considera Sande.

Como afrontas esta conta atrás para o 28-M?

Con ilusión, con moitas gañas. Son procesos de desgaste e cansancio, pero tamén vense confrotados pola ilusión. Eu creo que estamos nunha boa disposición. Conseguimos dende o 10 de febreiro, data de saída desta candidatura, dar a coñecer este proxecto a boa parte da cidade. É un proxecto de unidade e que ven para quedarse. Hai lugar para o noso espazo, e así o demostran as anteriores experiencias da nova política que mostraron as posibilidades de apertura do espectro parlamentario. Agora temos varios elementos engadidos: a experiencia, a solvencia profesional, a pluralidade. Todo iso sumado pode dar lugar a un proceso apaixonante. Non estamos para intentar convencer de cousas, senon amosar que as cousas poden ser doutra maneira; e sempre con respecto o cidadán, ao que non vemos como un mero votante.

A esquerda está dividida na Coruña, en que se diferencia Por Coruña do resto dos partidos da esquerda que concurren a estos comicios municipais?

Fronte a esas forzas progresistas, ofrecemos un talante, actitude e unhas posibilidades diferentes. Non vimos marcados pola actual etapa política. O mandato 2019-2023 foi gris, mediocre e sen proxecto claro. Nós nos estamos tocados ou salpicados por esas circunstancias. Outros xa demostraron, en combinación co goberno local, non ter dado lugar a grandes procesos nin a cambios reais. Nós temos un proxecto de unidade, ilusionante e que ven dado tamén polas experiencias anteriores. Amosamos hai dez anos a chegada de novas políticas e que se podía incidir na sociedade doutro modo; e todo iso, dunha maneira mais o menos intensa, levouse a cabo. Vimos como garantes desa situación, para influir dunha maneira valente, que creo que se perdeu neste periodo. Esa falta de valor leva a que as políticas máis conservadoras se apoderen de todo e que quede fora esa capacidad de transformación das forzas progresistas. Hai moitas cuestións nas que, ainda que podemos ter sensibilidades comúns, creo que a nosa actitude e honestidade marcan a diferenza.

Cada un resulta hipotecado da situación política que xenera polas suas estratexias e comportamentos, pero nós non estamos hipotecados. Incluso a aqueles que tivemos experiencias políticas anteriores e que estamos en Por Coruña se nos pode relacionar con experiencias políticas transformadoras.

"A crise interna (do PSOE) e as terribles repercusións impediron nalgúns momentos a gobernabilidade básica da cidade"

Que valoración fai destes últimos catro anos de Goberno municipal?

A valoración é negativa. Foi unha etapa decepcionante e hai varias razóns. O goberno que chegou en 2019 tiña, ainda que non o parecese, menos experiencia en administracións que os gobernos anteriores; e esta non foi a sensación que se puidera dar se retrocedemos a 2015. A isto sumase a crise interna e as terribles repercusións que impediron nalgúns momentos a gobernabilidade básica da cidade. Ninguén pode antepoñer a crise interna do partido a cidade, e isto aconteceu. Perderonse as figuras mais cualificadas que podía haber no Goberno local. Houbo unha marxinación de concelleiras. E todo isto aconteceu dunha maneira exhibida públicamente como nunca antes sucedera. É vergoñento. Cando alguen queira falar das diferenzas internas dos demais, ten que tomar nota primeiro.

Hai una sensación de improvisación. Isto viuse plasmado coa pandemia, cando vimos a posibilidade de establecer pautas de planificación e durante ese tempo dependeuse da boa vontade da oposición. Ademais, ao no tener un proxecto claro, fai que tamén se fuxa das grandes decisións. Esa improvisación quedou reflectida na mobilidade, con peonalizacións que non van acompañadas de plans de dinamización comercial...

No terreo da vivenda e urbanismo, desde o PSOE viñan cun pasado moi escuro con conflictos urbanísticos que marcaron a historia da cidade. Lonxe de rectificarse, o que se fixo é solidificar a idea de que se este goberno ten a posibilidade de gobernar dunha maneira mais libre, non sabemos o que vai facer en materia urbanística. A cultura e o deporte sempre xogaron un papel moi importante na cidade, e agora mesmo nin sequera temos concellerías. Tamén ten que haber unha defensa mais firme do servizo público. Seguimos sen saber o que pensa o Goberno sobre a posibilidade de asumir como público algúns servizos que non funcionan de maneira privada. Nos servicios sociais tamén hai bastante irregularidade co seu funcionamento. E podería seguir concellería por concelleria... Foi unha etapa con menos lupa dende todos os ámbitos, a oposición xogou un papel demoledor: non foi capaz de presionar o suficiente.

Cales van ser os retos os que se vai ter que enfrentar o proximo alcalde ou alcaldesa da cidade?

A vivenda. Aflora agora un problema que leva anos enquistado, porque a vivenda non foi tratada históricamente como un dereito senon como un ámbito económico no que intervir dando lugar a operacións demasiadas veces especulativas. Tendíase a pensar que cada crise tiña que sucederse como unha nova reinvención da economía a través estrictamente da construcción. Ese dereito a vivenda é unha das prioridades absolutas, e así aparece refletido no noso programa con medidas como as axudas a rehabilitación, a aplicación da propia lei de vivenda. Hai moito por facer, hai moitas vivendas baleiras e hainas que recuperar. Apotamos por crear un parque municipal de vivenda e comprar vivenda en desuso, entrando asi neste senso nos acordos coa Sareb, pero fuxindo do electoralismo co que se está a tratar actualmente.

Outro punto sería a mobilidade sostible, a través dunha rede de transporte diferente: público, con conexión metropolitana, con posibilidades de gratuidade... E logo tamen hai que ter en conta o desafío que vai representar a Intermodal para a cidade. Os procesos de mobilidade e peonís dos últimos anos van axudar a un cambio de mentalidade, deixando nun segundo plano o vehículo privado.

Por outra banda, tanto a Cidade das TIC como Aesia non están sobre a mesa dun modo riguroso. Non se está explicando nin os obxectivos, nin a finalidade, nin como se estan conformando todos esto proxectos. Hai que xestionalo con responsabilidade porque é unha das grandes posibilidades para o futuro inmediato da cidade.

Que pode facer A Coruña para volver ser un referente cultural?

Moitas cousas. Ter una planificacion clara, ter outra interaccion cós axentes culturais. Volver a outros procesos esquecidos, por exemplo crear liñas de axudas moito máis especificas, explorar outras formulas, crear novo equipamentos e rehabilitar outro. Hai que darlle outra presencia a cuestións que agora están descoidadas, incluso as institucións culturais históricas creadas na etapa socialista anterior, como os Museos Científicos, as bibliotecas ou a Orquesta Sinfónica.

A política de grandes eventos pode facerse doutra maneira, sendo mais coherente. Non poder ser que un gran evento cambie de sede cada ano. Quere dicir que non se atopu a sede corecta dende o principio? Por que alardeamos de que voltamos utilizar o estadio se logo non se utiliza?

Cales son eses novos equipamentos culturais que necesita a cidade?

Fronte a idea de crear equipamentos privados nos peiraos, existe a posibilidade de crear equipamentos públicos de lecer. Ten que haber unha reestruturación do Pazo do Ópera e recuperar a sua xestión. E necesario crear ademais un mapa de equipamentos da cidade para poder aproveitalos.

As enquisas apuntan a que Por Coruña podería obter representación na nova corporación municipal, como o valora?

Esa progresión demostra que hai unha lectura positiva e confirma que hai un electorado progresista que estaba decepcionado coas outras forzas políticas, ou que xa directamente fuxira delas. Unha das certezas cando se estableceu a marca Por Coruña e que se viña para gobernar ou para ter relevancia.

"Hai que olvidar a rivalidade e ter outra altura de miras e xenerosidade entre forzas políticas"

Que fará Sande o 29-M se Por Coruña obtén representación na corporación municipal?

Ireí traballar, que é o que toca (risas). Outros candidatos estarán mais liberados, pero eu teño que volver a traballar; pero estarei pensando na investidura no marco que se estableza en función dos resultados. Co desexo de que sexa un goberno progresista para a cidade e irei establecendo os primeiros contactos nese senso. Necesitamos un goberno xeneroso, que pense nos intereses da cidadanía, que non se enclaustre no pazo. Hai que olvidar a rivalidade e ter outra altura de miras e xenerosidade entre forzas políticas. E ser valente. Hai moitas cousas que falar, pero é necesario un cambio de actitude. Os políticos deben ser no só responsables se non tamén profesionais, e practicar o diálogo e o entendemento constante. Sexan cales sexan os resultados, debe haber altura de miras por parte das forzas.

As enquisas apuntan a que será necesario o apoio de varias forzas para a formación dun goberno. Cal e a formula que seguirá Por Coruña se o seu apoio é necesario para un goberno de coalición?

Froito dos resultados do 28 de maio haberá una conformación de forzas e o lóxico e terse en conta unhas e outras. A que pode dar lugar? Eu penso que vai dar lugar a un bloque progresista, que pode haber una conformación de forzas que de lugar a que distintos partidos teñan posibilidade de garantir unha gobernabilidade. Pero ten que haber un cambio de rumbo. Os acordos non poden incrumprirse, ten que haber unha esixencia, un marco propio do que partir na investidura. Hai tres semanas para conformar un goberno e a esixencia ten que ser absoluta. Non vai de abusar e de impoñerse en negocación, senón de chegar a puntos en común sen chantaxes.

Ninguén vai ter un cheque en branco nesta etapa no que respecta a nós. Aqui non ocorre como en Vigo e non vai haber goberno en maioria. Aquí o panorama e outro e polo tanto as receitas deben ser outras. Os abusos e incumplimentos desta última etapa non poden repetirse.

José Manuel Sande, candidato de Por Coruña, en 7 "curiosidades"

Socio do Dépor?

Non, fun socio do Basquet Coruña algún ano. Tendo a non ser socio de cousas, pero sen embargo fun toda a miña vida a partidos de fútbol. Recordo o Teresa Herrera co Dinamo de Kiev, Bayern de Munich... Toda a miña vida seguín o fútbol e fun a partidos a Riazor, quizais cando menos fun foi despois da época do Superdepor. Pero estiven nas finais de copas que se gañaron en Madrid. Gústame, recordo o Dépor dos 80, con Jose Luis, Traba, Parrocho... Fun o estadio constántemente pero sen ser socio.

A tortilla, con ou sen cebola?

Sen cebola. Tómoa normalmente, non me molesta con cebola porque son bo comedor, pero habitualmente sen cebola.

Que lle recomendarías visitar a una persoa que nunca antes estivo na cidade?

A Cidade Vella, a Torre... Hai una parte patrimonial, que é unha das mais fermosas e que ten moit o que contar da cidade. E a partires da Torre está o mar, que é fermoso.

Un referente político

Non son un devoto mitómano, eu quédomo coas persoas e os proxectos. Veño dunha tradición autonomista, libertaria, extraparlamentaria. Hai movementos políticos do século XIX que me interesan como obxeto de analise. Hai un libro clave que me facilitou as cousas, e que lin moi novo, que era El hombre rebelde de Albert Camus. Logo hai unha tradición italiana que me interesa, de Granco "Bifo", Toni Negri... Nos últimos anos hai figuras que xurdiron e que sufriron a ollos da sociedad ben pensante como Mandela ou Mújica que sin embargo tiñan un pasado terrorista para o sistema y que foron asimilables facilmente. Despois figuras que me chamaron a atención nos últios anos como o norteamericano Bernie Sanders.

Un plan de domingo para disfrutar da cidade

Hay unha parte de lecer, deportiva e cultural moi interesante. Tamén unha terraza na plaza de Azcárraga.

Unha canción para escoitar na xornada de reflexión

Kill the Poor, dos Dead Kennedys.

Completa a frase: "A Coruña é unha cidade perfecta para..."

Para a memoria, para a ilustración, para a idea dunha sociedade xusta, xenerosa, aberta polas sua tradición liberal, polo seu tratamento igualitario entre homes e mulleres.

Actualidad