El Español
Quincemil
Opinión
|
Tribuna Abierta

Cando as palabras faltan

A logopeda reflexiona sobre a necesidade de ofrecer aos nenos e nenas ferramentas que axuden na súa comunicación cando, por calqueira razón, non teñen voz
Úrsula Antúnez Otero
Por Úrsula Antúnez Otero

Son varios anos xa nos que a miña profesión me brindou grandes aprendizaxes. Pasamos os días, as semanas, os meses, e tamén anos, moitos anos traballando cos pequenos a as súas familias, onde os retos que se poñen no camiño intentan abordarse co mellor criterio posible e con todo o cariño do mundo, a pesar de non ser sempre doado.

A demanda de mellorar a linguaxe, fala e comunicación é diaria, e moitas veces da os seus frutos tras moito esforzo e constancia, sobre todo por parte das familias as cales felicito en voz alta, xa que sen a confianza e a persistencia mostrada non se poderían observar moitas das melloras obtidas. Mais non sempre se adquire o que esperamos a pesar de ter todos os remos sincronizados cun mesmo movemento no mar. E non por iso temos que deixar de remar. Existen diferentes ferramentas que poden facer a vida destes pequenos moito máis fácil, pequenos que nun futuro serán adultos.

Porque cando as palabras faltan e a comunicación falta non hai que deixar excluido a ninguén, hai que empatizar e darlles recursos cos que poder estar más integrados no día a día, ben sexa a través de Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación, Lingua de Signos, ou calquer otra ferramenta que se poda usar.

Por iso, na miña modesta opinión, creo que xa non só nos contextos cotidiáns dos pequenos (ben sexa centros educativos ou na familiar), senon que no seu entorno presente e futuro esté adaptado o mellor posible para que poida abastecerse dos recursos que podemos ter os demais. Que cando queiran ir a xogar ao parque que poida comunicarse cos outros nenos, non poque haxa un SAAC polo medio que tamén, senon por educar dende ben cativos en conciencias socias e que estes outro nenos poidan enterder e axudar a aquel outro que non ten voz. Que cando teña que ir nun futuro a unha peluquería a cortar o pelo, que poida pedirlle ao peluqueiro o corte que quere porque hai unha “carta” adaptada de cortes de pelo. Que cando o día de mañá necesite ir ao médico, que esté ben señalizado e adaptado a nivel visual. E non só o médico senon todos os establecementos urbanísticos que haxa. Porque eles tamén viven e vivirán no mesmo sitio ca nós e non me parece xusto que moitas veces non podan entender e desenvolver no seu día a día, na súa aldea, pobo ou cidade dunha forma axeitada por falta de recursos debido a un déficit en conciencia social.

Os apoios visuais e as ferramentas xa mencionadas axudan moito a moitas persoas en poder enteder o seu entorno e así tamén poder comunicarse. Pero para que iso exista todos nos temos que movilizar e empatizar coa realidad que hai, e poder darlle voz a quen non a ten, de momento.

Aínda queda moita conciencia social por crear e, como mencionaba anteriormente, non é un camiño fácil, pero loitar por un mundo onde todos estemos en equidade de condicións merece e merecerá a pena.

Úrsula Antúnez Otero
Úrsula Antúnez Otero
Logopeda graduada na Universidade da Coruña. Máster en Terapia Miofuncional polo Instituto Criap de Oporto. Especializada no desenvolvemento da linguaxe como no desenvolvemento das funcións do sistema estomatognático. Dende fai varios anos consulta con pequenos e adultos nos ámbitos mencionados anteriormente, e na actualidade exerce como logopeda en Centro Lingoreta, sendo coordinadora da Unidade Miofuncional.