El Español
Treintayseis
Actualidad
|
Galicia

Alfonso Gómez, gallego y vicealcalde de Ginebra: "Cando vou a Corme sinto moita emoción"

El regidor helvético forma parte del Partido Verde y ostentará un año la Alcaldía de la ciudad tras ser uno de los cinco candidatos más votados en las últimas elecciones
Alfonso Gómez, alcalde de Ginebra.
Quincemil
Alfonso Gómez, alcalde de Ginebra.
Ofrecido por:

En el Palais Anna et Jean Gabriel Eynard, un edificio de estilo neoclásico que alberga las oficinas del consejo administrativo de Ginebra, nos recibe Alfonso Gómez, un gallego que nació en Corme (A Coruña) y que ahora se convertirá en el primer alcalde español en toda la historia de Suiza.

Alfonso Gómez hace gala de su sencillez y cercanía con la alcaldesa de A Coruña, con la que se reunió este pasado sábado, pero también con los medios a los que atendió en su gallego natal mostrándose campechano y cordial.

Alfonso Gómez con la alcaldesa de A Coruña, Inés Rey (Foto: Quincemil)

Formado como economista, el regidor helvético forma parte del Partido Verde. En las últimas elecciones fue uno de los cinco candidatos más votados y por tanto, le corresponde ostentar por un año la Alcadía de Ginebra.

Con él charlamos sobre su infancia en Corme, su salto al mundo de la política o los retos que afronta como alcalde de una de las ciudades más importantes de Europa.

Alcalde de Xenebra, pero natural de Corme

Son de Corme por parte de miña nai e de Cabana de Bergantiños por parte do meu pai, pero crieime en Corme.

Que recordos ten daquela infancia en Galicia?

Sempre digo que era "o reino dos nenos". Tiñamos o control social do pobo, eramos familia e coñeciámonos todos. Polo lado materno eu coñezo a todos os meus antepasados desde o século XIX. Teño uns recordos moi fortes daquela época e cando vou a Corme sinto moita emoción.

Cando se mudou a Suiza?

Meus pais viñeron nos anos 60, eu vin máis tarde. Viñeron eles primeiro, logo vin eu dos 5 aos 8 anos, e logo volvín co meu avó que era o mestre de Corme. Estiven un ano na súa escola, foi fantástico, iamos ao monte a xogar. Logo estiven vivindo na Coruña entre os 10 e os 13 anos. Estaba estudando na Academia Galicia e ía a ver os partidos do Deportivo. Aínda vou agora, a ver se sube (risas).

Notou o choque cultural entre Galicia e Suiza?

Cando vin para aquí, aínda que estaba nun internado, saía a fin de semana. Os primeiros meses foron particulares, vivía nas aforas daquela e a xente non saía tanto. Rapidamente fixen amigos que os sigo vendo hoxe en día, sigo moi preto deles. Sempre me sentín moi xenebrino, tamén son de aquí. Din que na emigración non se é de aquí nin de alí, pero eu teño a sorte de sentirme dos dous sitios.

Como entrou en política?

Meu avó era mestre republicano, estivo perseguido e no cárcere. A miña familia é de esquerdas e desde rapaz teño conciencia e sempre fun militante político. Nos anos 80 estaba no Partido Socialista, logo deixeino porque viaxei polo mundo coa Cruz Vermella. Cando me instalei aquí a problemática ecoloxista chamoume moito a atención. O fenómeno que me convenceu totalmente foi o Prestige.

Cales son os retos que afronta como alcalde?

Preparar a cidade para o cambio climático. As nosas cidades non están preparadas para iso. Temos picos de calor nalgúns barrios que superan os 40 grados e en certos barrio moi densos chega os 50 grados. É unha cuestión de saúde pública.

Que lle diría a un galego para que vaia a visitar a cidade?

Aquí hay muchos gallegos y se come muy bien, que eso siempre es importante (risas). Es una ciudad segura, con mucho que ver y con unos parques magníficos. Está en el centro de Europa, de aquí se va la cualquier sitio en pocas horas.

TEMAS:
Actualidad