Na Anpa Milnenos do CEIP Emilia Pardo Bazán, este verán apostamos novamente por una alternativa de campamentos inclusivos, no que todas as nenas e nenos poden participar de todas as actividades en igualdade de condicións. 

A plena inclusión de todas as persoas debería ser una prioridade de todas as sociedades, e sen embargo cando falamos de que levamos a cabo un campamento inclusivo, o que se reflicte é que os demáis non o son. 

No referente á discapacidade, na teoría pasamos dun modelo de segregación a un modelo integrador, e posteriormente ao modelo inclusivo, pero na práctica isto non se conseguiu aínda.  

Na gran maioría dos campamentos privados non teñen cabida nenas e nenos con discapacidade, ou se a teñen, é con un incremento do prezo en relación á demais cativada participante. 

Incluso a nosa propia administración ten neste sentido un carácter contradictorio, xa que distingue entre campamentos para nenos e nenas con discapacidade e campamentos para o resto do alumnado. Ou campamentos ordinarios que reservan plazas para alumnado con alguna discapacidade. 

O noso campamento inclusivo, pon de relieve unha carencia, moitas actividades de lecer teñen a súa participación restrinxida para determinadas persoas. 

É por isto, que con esta iniciativa gustaríanos tamén remarcar, que o acceso a un campamento ou a outras actividades de ocio non debería verse limitado polos apoios que unha nena ou neno precise, e moito menos que isto supoña para as familias un sobrecusto. 

Gustaríanos poñer en valor unha participación sin segregación, unha participación de verdade na que exista a inclusión. Na que toda a cativada poida interaccionar, xogar, rir, probar novos deportes, disfrutar independientemente das súas necesidades.

 Confiamos en que cada vez máis empresas e entidades aposten por estas iniciativas que nos benefician como sociedade, só se todas e todos participamos, melloramos.

Este é o terceiro ano que colaboramos con ENKI para o campamento de verán. O campamento inclue servizo de mañanceiros e comedor. 

Semanalmente traen propostas deportivas diferentes, xogos de auga, manualidades…. Todo sempre tendo en conta a cada neno e cada nena, porque cada un deles conta. 

Esperamos que esta edición sexa un novo éxito.

María Brión 

Anpa Milnenos do CEIP Emilia Pardo Bazán