El Español
Quincemil
AGENDA
|
Exposiciones

Exposición en Vigo: Barcos en miniatura

Zona: Vigo
Inicio:Viernes, 1 de enero · 10:00
Final:Martes, 31 de diciembre · 23:59
Precio:Gratuito
Lugar:Museo do Mar - Vigo

Exposición en Museo do Mar - Vigo

Exposición en Vigo: Barcos en miniatura. Este espazo está adicado principalmente ao maquetismo naval, nel pódese disfrutar de auténticas xoais desta disciplina, construidas a súa maioría por Santiago Signo (1930-2010), un vigués perito industrial de profesión, pero maquetista naval de corazón, cuxa colección está depositada na súa totalidade no noso museo. Este espazo, ubicado entre as plantas baixa e primeira do primeiro edificio do museo, está composto na planta baixa por seis maquetas que reflicten as diferentes tipoloxías de embarcións tradicionais de Galicia (4 son de Santiago Signo), todas elas cunha explicación técnica, e as de Signo acompañadas, ademais, do plano e alzado da embarcación feitos polo propio maquetista. No tocante á primeira planta o que se amosa é unha selección de embarcacións históricas construídas por Santiago Signo ao longo da súa vida; en concreto son 8 maquetas entre as que atopamos goletas baleeiras, buques de pasaxe, clippers e un galeón; todo isto complementado por unha carta mariña orixinal. En paralelo a esta sala tamén atoparán un espazo anexo no que atoparán maquetas de buques pesqueiros, acompañadas por fotografías dun artista francés, Lucien Girarden, sobre parellas de barcos galegos nas terras de Terra Nova, nas que se amosa a dureza da pesca de altura.

Información del lugar

Lugar:Museo do Mar - Vigo
Dirección:Av. da Atlántida, 160
Código postal:36208
Localidad:Vigo (Pontevedra)
Teléfono:986247750
Página web:Web oficial Museo do Mar - Vigo
Útil