A Coruña convértese nestes días nun fervedoiro de propostas culturais grazas ao impulso da Asociación de Librarías de A Coruña (LIBAC) co apoio do Concello da Coruña. Durante as vindeiras semanas, variadas actividades pensadas para todas as idades —dende obradoiros ata presentacións e momentos lúdicos arredor da lectura— animan as rúas e espazos literarios da cidade.
Obradoiro de escritura literaria infantil e xuvenil
O sábado 20 de decembro, na Libraría Hoboken, celébrase un obradoiro gratuíto de escritura dirixido ao público infantil e xuvenil. A actividade será impartida pola escritora Reyes Pérez Rubio, e permitirá aos máis novos explorar a súa creatividade e expresarse a través das palabras nun ambiente divertido e inspirador.
Bingo literario na Galgo Azul
Dentro das actividades do III Salón do Libro de Nadal, a Librería Galgo Azul acollerá o 23 de decembro un animado bingo literario. Esta xornada lúdica está aberta á comunidade lectora e permite participar nun xogo con premios, incluíndo libros asinados e outras sorpresas. Un xeito diferente e divertido de celebrar o amor polas letras.
Taller de encadernación con costura
O sábado 27 de decembro, a Librería Perseida acollerá un taller de encadernación de cores con costura pensado para adultos. Esta actividade práctica e creativa, de balde e con prazas limitadas, ofrece a oportunidade de aprender unha arte tradicional de confección de libros, combinando manualidade e deseño.
Presentación do libro O Segredo da Serpe
Tamén o 27 de decembro, na Metrópolis Cómics, terá lugar a presentación da novela O Segredo da Serpe. Os autores Abel Alves e Esteban Tolj, coñecidos polo seu traballo en A Tumba de Breogán, achegaranse á Coruña para compartir con lectores e lectoras os segredos desta nova obra chea de misterio e imaxinación, nun encontro aberto a todos os públicos.
Estas propostas reflicten a vitalidade do ámbito cultural coruñés e o esforzo conxunto de LIBAC e o Concello por achegar a literatura, a creación e a participación activa da cidadanía a todos os recantos da cidade. Non perdas a oportunidade de participar!
