Presentación do libro "O Segredo da Serpe" na Coruña en Metrópolis Cómics - A Coruña
Os creadores de "A Tumba de Breogán" presentan este 27 de decembro o novo libro O Segredo da Serpe en Metrópolis Comics, na Coruña. Esta presentación a cargo dos autores Abel Alves e Esteban Tolj terá lugar ás 18:00 horas da tarde. Esta actividade conta co apoio de LIBAC (Asociación de Librerías de A Coruña) e do Concello da Coruña.