Contido patrocinado
Tras o enorme éxito da súa primeira edición, o festival Lingua Urbana regresa no 2026 con máis forza que nunca. A cita será no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), e promete poñelo todo patas arriba o próximo venres 27 de marzo.
O festival forma parte da programación dos Concertos do Xacobeo organizados pola Xunta de Galicia, unha iniciativa que impulsa a celebración de grandes citas musicais en Galicia. Lingua Urbana será, ademais, un dos cinco eventos musicais que acollerá o IFEVI dentro desta programación.
Por se fora pouco, xunto aos concertos tamén haberá actividades deportivas de deportes urbanos da man da Consellería de Deporte Galego, co fin de que todos os asistentes poidan vivir unha grata experiencia e pasalo en grande.
O cartel reúne a destacados artistas do panorama nacional como Lorna, Metrika, La Pantera, C Marí e Sticky M.A.. A eles súmanse talentos galegos que representan a escena local, como 9 Louro e West SRK, natural de Vigo.
Se a primeira edición xa foi todo un éxito, esta promete superala. As entradas están a punto de esgotarse e xa están na súa quinta tirada, polo que todo apunta a que o festival volverá a colgar o cartel de 'Sold Out'. Se non queres quedarte fóra, non o penses máis e consegue a túa entrada canto antes.
Segunda edición do festival de música urbana
Público no Festival Lingua Urbana
O festival de Lingua Urbana celebra en 2026 a súa segunda edición, consolidándose como unha das citas destacadas para os amantes da música urbana en Galicia. Tras o éxito do ano pasado, o evento aterriza no IFEVI coa mesma fórmula: boa música, un cartel potente e miles de persoas reunidas para gozar do directo o 27 de marzo.
Lingua Urbana está pensado como un festival dun único día, deseñado para que a música non pare en ningún momento. Ao longo do día irán actuando os diferentes artistas, así como varios DJs que manterán o bo ambiente no máis alto dende a apertura de portas ata o peche do evento.
O cartel deste ano conta con grandes artistas do panorama nacional. Cada un representa diferentes estilos dentro da música urbana actual, o que garante un directo variado e pensado para conectar co público novo que segue de cerca a escena.
La Pantera chega dende Canarias con temas tan coñecidos como Cayó la noche ou Pinky Promise, entre outros; Lorna e o seu emblemático Papi chulo poñerán a todos a perrear ata abaixo; Metrika e a súa mestura de trap, reguetón e punk con cancións como Toto de loca; e C marí e a súa innovadora música con temas como Qtalhoy.
Un dos aspectos que caracteriza a Lingua Urbana é a súa aposta por combinar artistas nacionais con talento local. Na súa primeira edición xa deixou ben claro que o seu obxectivo non era só traer nomes coñecidos a nivel nacional, senón tamén dar espazo á escena galega. Este ano repite esa idea con artistas que representan o talento emerxente da comunidade como 9 Louro, quen fíxose coñecido tras lanzar o seu LP Nove Noves, e Wets SRK, natural de Vigo e listo para sorprender a todo o público con temas como Mi cruz.
9 Louro nun concerto
Ademais dos concertos, o festival completa a súa programación con varios DJ sets que axudarán a manter o ritmo durante toda a xornada. Entre os nomes confirmados están Sote, que ofrecerá un set dunha hora, Skinyz, encargado do closing set para despedir o festival, así como Telmo Brea y Valensk8, que tamén súmanse á cabina.
As entradas xa van pola quinta tirada e quedan as últimas dispoñibles. Na primeira edición agotáronse antes do evento, e todo apunta a que este ano o festival volverá a repetir a mesma situación. Recomendámoste estar atento as súas redes sociais para non perder as últimas oportunidades.
Desconto no concerto de Hard GZ
Concerto de Hard GZ
Por si fora pouco, Lingua Urbana anunciou unha promoción especial para o público do festival. Os asistentes que merquen a súa entrada para o evento no IFEVI poderán acceder a un desconto oficial para o único concerto de Hard GZ en Vigo, unha iniciativa coa que a organización quere premiar a confianza do público.
Esta promoción estará dispoñible ata o mesmo día do festival, o 27 de marzo. Unha forma máis de seguir impulsando a música urbana galega e de agradecer o apoio a aqueles que fan posible que o evento siga medrando.
