El Español
Treintayseis
Economía
|
Empresas

Vegalsa-Eroski homenaxea a Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas 2024

Faino nos 250 establecementos que ten en Galicia a través de 550 carteis conmemorativos e bolsas da compra de edición especial sobre a autora
Vegalsa Eroski
Ofrecido por:

A rede comercial da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski rende homenaxe a Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste 2024. Faino achegando a través dos 250 establecementos dos que dispón en Galicia a obra desta escritora coruñesa a través de 550 carteis conmemorativos deseñados por alumnos do CEIP Raquel Camacho da cidade herculina e cunha tirada especial adicada á escritora de 21.000 bolsas de papel dispoñibles nos establecementos da Coruña e 1.500.000 bolsas de plástico nas enseñas Eroski e Autoservicios Familia de toda Galicia.

O supermercado Eroski Center de Mesoiro, na Coruña, foi o establecemento escollido para levar a cabo na xornada de hoxe unha pegada simbólica de carteis coa que a compañía dá comezo a súa xa tradicional campaña das Letras Galegas, froito do seu compromiso coa identidade galega da man da Xunta de Galicia. O evento contou coa participación do secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García; da irmá da homenaxeada, Susana Villalta; da académica de número da RAG, María Dolores Sánchez, e por parte de Vegalsa-Eroski, do director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; da directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa, Gabriela González; do director de Márketing, Julián Hernández, ademais da xefa da tenda, Belén Vidal e da xefa de zona, Manuela Presas.

Bolsas con mensaxe e sorteos

Durante este mes de maio as bolsas da compra a disposición dos clientes lembrarán a esta escritora coa frase “Tes medo do abismo? Abre as ás e voa”. A través dela búscase transmitir a importancia de voar por un mesmo, ilustrada a través dun libro aberto con ás que inclúe a súa vez un violín como referencia ao instrumento que sempre acompañou a esta autora durante a súa traxectoria.

Este ano ademais, como novidade durante o mes de maio estanse a levar a cabo sorteos semanais nos perfís de Instagram e Facebook da compañía. Cada semana, sortéase unha cesta de produtos galegos valorada en 80 euros por compras superiores a 10 euros en establecementos Eroski e Autoservicios Familia de Galicia, Asturias e Castela e León.

Galicia no ADN empresarial

A aposta de Vegalsa-Eroski por potenciar os valores propios da identidade galega reflíctese no seu cadro de persoal, conformado por 7.354 traballadores, 6.526 en Galicia, e na súa firme aposta polos provedores galegos.

Tamén nas súas tendas, incluíndo o galego nos rótulos, na súa comunicación comercial e na súa marca propia, rotulada nos catro idiomas oficiais de España. Sen esquecer o seu apoio a iniciativas que contribúen a súa conmemoración e posta en valor como o Día das Letras Galegas. Ademais, a compañía repite apoio un ano máis aos festivais galegos como son Morriña Fest (Culleredo), o Caudal Fest (Lugo) ou o Resurrection Fest (Viveiro) ou accións como a iniciativa de intercambio artístico “Camiño Escena Norte”, entre outras.

Economía