AMARAI abre as súas portas durante toda a semana a Centros Educativos e Sociais con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Dende o 1 ao 5 de decembro reciben no seu Centro de Recursos ao alumnado de distintas idades dende infantil ata persoas maiores.
Xornadas inclusivas e de portas abertas para coñecer e participar na labor diaria do centro de recursos.
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), a Asociación Amarai abre as súas portas e organiza xornadas inclusivas que se levarán a cabo durante a primeira semana de decembro.
Varios centros educativos e sociais coñecen e participan na labor diaria do centro de recursos de Amarai, co obxectivo de fomentar a sensibilización, o respecto e a inclusión, promovendo o coñecemento das capacidades deste colectivo e o valor da diversidade.
Realizaranse diversas actividades, xogos e talleres enriquecedores coa poboación de diferentes idades: infantil, primaria, adolescencia e maiores.
Luns, 1 de decembro
Achegarase o alumnado de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto e coñecerán o testimonio de vida dunha persoa que sufriu unhe lesión medular.
Martes, 2 de decembro
Achegaranse os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe de Toques, cos cales se levará a cabo un contacontos e os talleres “Explorando cos sentidos” e “Xogos sen barreiras”.
Mércores, 3 de decembro
Será o turno de terceiro e cuarto curso de Educación Primaria do CPI Plurilingüe Fonte Diaz de Touro que realizarán actividades de “Ponte no meu lugar” e un taller de macramé impartido polas persoas usuarias do centro.
Ao mesmo tempo, haberá un punto de información e sensibilización no Supermercado Eroski de Arzúa durante toda a mañá.
Tamén se darán a coñecer os gañadores do II Concurso de Debuxos organizado por Amarai: Como sería para ti un mundo inclusivo?
Xoves, 4 de decembro
Achegaranse os alumnos e alumnas de primeiro da ESO do IES de Curtis co testimonio de vida e talleres inclusivos de marquetería, tamén impartidos polos usuarios.
Venres, 5 de decembro
Será o turno das persoas maiores do Local Social de Boimorto e da Casa do Maior Boa Vista de O Pino.
Farase un encontro interxeracional con intercambio de experiencias de vida.
Amarai busca potenciar a inclusión e lembra que é cuestión de levala á práctica diariamente, non é só unha data marcada no calendario.