El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Teatro y Ópera
Ofrecido por:

Representación de A taberna do Nubeiro en A Coruña - 7/11/2025

Zona: A Coruña
Inicio:Viernes, 7 de noviembre · 20:00
Final:Viernes, 7 de noviembre · 22:30
Precio:Gratis €
Lugar:Forum Metropolitano - A Coruña

Representación de A taberna do Nubeiro en Forum Metropolitano - A Coruña

  • A Taberna do Nubeiro é o espectáculo que representarán no Auditorio de Fórum o 7 de novembro de 2025.
  • Unha comedia hilarante, de contido costumista, con diálogos e situacións cheas de humor e retranca.
  • É unha obra "branca", no sentido de que é apta para todos os públicos.
  • Unha loa á nosa terra e á esencia dos homes e mulleres galegas.
  • A tradición, os costumes, a mitoloxía, os refráns, a retranca, son os temas sobre os que se desenvolve a obra.
  • A trama transcorre nun pobo galego imaxinario "Brétema", concretamente nunha taberna, "O Nubeiro", onde o espectador presencia situacións e diálogos nos que se abordan cuestións tan presentes nas nosas vidas e cultura como: lendas, crenzas populares, devanditos e refráns, a presenza de personaxes estereotipados como un alcalde singular, un párroco moi particular, un tabernero con moita graza, un funcionario moi moi vago, unha doutora que ten que lidar coas persoas hipocondríacas á vez que é suxeito dos amores dun profesor moi especial.
  • A directora da oficina bancaria, dúas viúvas moi particulares, un par de irmás, unha delas "la meiga" do pobo , e a esposa dun eminente político que visita o pobo moitos anos despois de abandonalo, son os protagonistas desta comedia.
  • Personaxes que representan de maneira esaxerada moitos dos estereotipos cos que se asocian a moitos dos galegos, galegas.
  • Unha forma de teatro esperpéntico, ao estilo, salvando as distancias, de Val Inclán.
  • Unha adecuada posta en escena na que se combina teatro, ao estilo tradicional, con pequenas intervencións cantadas, interacción co público, e mesmo a presenza (simulada) de dúas persoas da realeza, outórganlle a esta obra un formato novo e sorprendente.
Útil