Recorrido por el poemario de 'As alas da Serpe' de Sol Mariño en Asociación de Vecinos de Oza, Gaiteira y Os Castros de A Coruña
As alas da serpeé un conxunto de poemas sobre a experiencia, a lembranza e a fascinación.
Unha ollada cálida que converte o exótico en familiar, que repara no que ninguén ve ou pretende ignorar.
A celebración dun encontro talvez imprevisto talvez predestinado entre xeitos de abrazarse á vida que parecen moi distantes só na aparencia xeográfica.
SOL MARIÑO:
Sol Mariño nace en 1986.
Pasa a súa infancia entre a Terra de Soneira e A Coruña, onde fai os estudos secundarios e comeza a facer teatro.
En Barcelona estuda comunicación audiovisual e fotografía, e vincula a súa poesía co teatro no grupo Humanfuzz, co que representa o monólogo Xeada, parte do cal aparece neste poemario.
En 2008 publica fotografías acompañando o poemario "Baixo o sol de Mesina" de Lino Braxe, seu mestre de teatro na adolescencia e con quen continuou colaborando en obras como no "O Paseo das Esfinxes" en 2018.
En 2009 viaxa a Arxentina, e pasará os seguintes oito anos viaxando, idas e voltas en bicicleta e autoestop, entre Arxentina e o Brasil, onde vende seus poemas e fotografías por mercados e rúas, e traballa como estatua viva na rúa.
Alí escribirá gran parte de As alas da serpe.
Aprende serigrafía, comeza a debuxar e establece un forte vínculo coa Capoeira Angola.
Actualmente vive no barrio da Gaiteira e adícase á serigrafía téxtil, a fotografía e a pintura mural.
Este é o seu primeiro poemario.
Información del lugar
Lugar:
Asociación de Vecinos de Oza, Gaiteira y Os Castros de A Coruña