Proyección de 'To a Land Unknown' de Mahdi Fleifel - AMAL Semana de Cine Euroárabe 2026 en Teatro Principal - Santiago
Chatila e Reda, de orixe palestina, son dous curmáns que remataron vivindo nos suburbios de Atenas buscando unha vida mellor.
No intento de aforrar diñeiro para pagar os pasaportes falsos e mudar a Alemaña, Chatila trama un plan extremo que consiste en facerse pasar por traficantes e tomar reféns no esforzo por sacalo a el e ao seu curmán dunha contorna sen esperanza antes de que sexa demasiado tarde.