Proyección de 'Negro Púrpura' en Forum Metropolitano - A Coruña
A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a proxección do documental Negro Púrpura.LSD, multinacionais farmacéuticas, pragas medievais, medicamento popular e a CIA conectadas por un fungo alucinógeno coñecido como "ouro negro" en Galicia no Século XX.
Negro Púrpura retrata un dos lugares de maior produción a nivel mundial de claviceps purpurea: Galicia. Este fungo alucinógeno, que brota nos cereais, ábrenos as portas dunha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da cultura e a economía de Galicia ao longo do S.XX.
Desde eses campos galegos chegan historias espalladas que nos deixan un resaibo amargo a pan de centeo, historias que repercuten traspasados os océanos. Unha cortiza que garda unha faragulla delirante.