Presentación y coloquio de 'A Terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias' de Manuel Miragaia en A Coruña - 29/9/2025
| Zona: | A Coruña |
| Inicio: | Lunes, 29 de septiembre · 19:00 |
| Final: | Lunes, 29 de septiembre · 21:00 |
| Precio: | Gratis € |
| Lugar: | Forum Metropolitano - A Coruña |

Presentación y coloquio de 'A Terra do Eo-Navia. A galeguidade en Forum Metropolitano - A Coruña
- A Terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias, da autoría do escritor Manuel Miragaia, é un libro pioneiro por ser o primeiro libro que se publica sobre a comarca asturiana do Eo-Navia.
- “Queremos con este libro mellorar o coñecemento desta querida, fermosa e secular terra asturiana do Eo-Navia, un territorio que conta cunha riquísima cultura, variadas tradicións e un considerábel patrimonio material e inmaterial, sendo deste último para destacar especialmente a súa fala ou variante lingüística comarcal da grande lingua galego-portuguesa, e que é merecedora da máxima protección e desenvolvemento.
- Para a elaboración deste libro contamos cunha ampla bibliografía, con informacións obtidas de moitas outras fontes e coas experiencias vividas nas viaxes e estadías feitas ao longo dos anos. Cremos que neste conxunto se reúnen informacións e datos xeográficos, históricos, lingüísticos, culturais, patrimoniais, etnográficos, socioeconómicos, gastronómicos e dos seus grandes homes e mulleres que poden contribuír a que os eonaviegos coñezan mellor e valoren máis a súa Terra mesopotámica e a que os galegos viaxen e se relacionanen máis con ela.
- O libro está ilustrado en todos os seus apartados con numerosas fotografías de toda a Comarca do Eo-Navia.”