El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Charlas y Conferencias

Presentación del libro 'Arsínoe, reina de Alejandría' de Nieves García Centeno en A Coruña - 27/2/2026

Zona: A Coruña
Inicio:Viernes, 27 de febrero · 19:00
Final:Viernes, 27 de febrero · 21:00
Lugar:Biblioteca Municipal ÁGORA de A Coruña

Presentación del libro 'Arsínoe, reina de Alejandría' de Nieves García Centeno en Biblioteca Municipal ÁGORA de A Coruña

  • O venres 27 de febreiro ás 19.00 h terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación do libro "Arsínoe, reina de Alejandría", novela debut de Nieves García Centeno, que reúne a paixón pola investigación histórica da autora e o Antigo Exipto.
  • A narración desta novela céntrase na vida de Arsínoe, quen, desde nena, crecerá entre as intrigas de palacio e a presión que Roma exercía sobre o seu pais, Ptolomeo XII, o Auletes.
  • Á súa morte, o enfrontamento obvio entre a nova parella real, os seus fillos Ptolomeo XIII e Cleopatra, obrigarán a esta a fuxir de Exipto.
  • Os alexandrinos fan raíña a Arsínoe, a quen as fontes antigas citarán como aquela que ocupou o trono de Exipto estando vacante pola ausencia de Cleopatra.
  • Xunto co entón rei e irmán de ambas, Ptolomeo XIII, e axudada polo seu titor, o eunuco Ganímedes, Arsínoe loitará contra Cleopatra na chamada Guerra Alexandrina, que Xulio César relata e na que se viu obrigado a participar tras decidir apoiar a Cleopatra, con quen tivo unha relación tanto política como íntima.
  • O libro mergúllanos tamén no Exipto milenario a través das experiencias de Hori, un sacerdote lector e escriba do templo de Apolinópolis (Edfu), no sur, e Satyra, unha moza chipriota que é raptada e vendida como escrava nun bordel de Alexandría.
  • Os acontecementos levarannos ademais a Roma e a personaxes tan interesantes como Calpurnia, a muller de César; Livia, a de Marco Antonio; Terencia, a de Cicerón, ou Octavia, irmá do futuro primeiro emperador romano, Caio Xulio César Augusto.
  • Mulleres que, como Arsínoe, lidaban nun mundo dirixido por homes, tentando ser donas do seu destino.

Información del lugar

Lugar:Biblioteca Municipal ÁGORA de A Coruña
Dirección:Lugar da Gramela, 17
Código postal:15010
Localidad:A Coruña (A Coruña)
Teléfono:981189886
Página web:Web oficial Biblioteca Municipal ÁGORA de A Coruña
Útil