El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Festivales, Torneos y Concursos

Perla Mural Fest 2025 en Fene: Programación, cartel y agenda completa

Zona: A Coruña
Inicio:Martes, 29 de julio · 20:30
Final:Jueves, 31 de julio · 22:30
Precio:Gratis €
Lugar:Varias localizaciones en A Coruña
Concellería de Cultura de Fene anuncia para esta semana en Perlío tres espectáculos programados ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña e no marco do Perla Mural Fest.

Martes 29 de xullo

Ás 20.30 horas, na Pista CCRD Perlío_Moc Moc The Shesters, “La Chimba” (espectáculo de circo, teatro e humor).
  • Xenial, iso significa La Chimba. E non hai mellor forma para referirse a este espectáculo libre e descarado onde grazas ós malabares, equilibrismos, diferentes tipos de monociclos, antipodismos (malabares cos pés) e humor pasemos unha xornada Chimba.
  • The Shesters suman numerosos premios en festivais a nivel nacional e internacional, destacando o primeiro premio no TAC de Valladolid ou o primeiro premio no Kultur auf der strasse en Alemaña.
  • Espectáculo para tódolos públicos. Entrada libre e de balde.

Mércores 30 de xullo

Ás 20.30 horas, na Praza Verde de Perlío_Peter Punk Pallaso, La Chungatrona
  • Neste espectáculo Peter Punk crea un conxunto de rutinas que confirma a súa intención de converterse nunha referencia do novo circo galego como pallaso.
  • Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escena coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk.
  • A máxica desaparición dun globo no seu bandullo, a destreza dunha voluntaria con tres aros e un vaciador de ideas. E como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión ata que... algún incauto resulte totalmente mollado e coa cara cuberta de tarta.
  • Todo isto para desatar a risa, a diversión e a loucura do público: nenas, nenos e maiores.
  • Espectáculo para tódolos públicos. Entrada libre e de balde.

Xoves 31 de xullo

Ás 20.30 horas, na Pista Municipal de Centieiras_Sempre arriba, “Cést pas possible”
  • Máis un día de traballo por diante e, baixo a súa responsabilidade, que todo estea listo para o inicio da función. Feita a traballar na sombra, a técnica e rigger, é a encargada de montar o pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Gran Artística brille en escena.
  • Responsábel, disciplinada, eficaz e profesional, cada día pon o mellor de si mesma; mais hoxe a súa rutina vaise ver alterada pola mirada do público, espertando o seu lado lúdico e fantasioso, e levándoa a facer aquilo que cría imposíbel.
  • Unha viaxe cara o reencontro cun mesmo e o pracer de vivir e compartir. Empregando o clown como linguaxe, e en comunicación directa co público, neste espectáculo ponse de manifesto a dualidade que moitos vivimos por dentro: aprendemos a ser eficaces, a cumprir prazos e expectativas, esquecéndonos de desfrutar e de nos deixar ser.
  • Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea que convida o público a se empapar coas emocións que este personaxe vive en escena.
  • Espectáculo para tódolos públicos. Entrada libre e de balde.

Información del lugar

Lugar:Varias localizaciones en A Coruña
Dirección:A Coruña
Código postal:15003
Localidad:A Coruña (A Coruña)
Útil