Palestra con Ricardo Cao - Ciclo Pensando o Futuro en Agrupación Cultural Alexandre Bóveda - A Coruña
O mércores 8 de outubro, ás 19.30 h, teremos a primeira sesión dunha nova edición do ciclo Pensando o Futuro.
Será cunha palestra de Ricardo Cao, reitor da Universidade da Coruña, que nos falará dos estudos de Medicina: compromiso, visión e retos de futuro.
Será o primeiro foro público onde acode o reitor para defender a proposta da necesidade de que a UDC conte cunha Facultade de Medicina.
Os estudos relacionados co ámbito sanitario están chamados a seguir medrando e incorporando novas ferramentas que permitan ofrecer unha atención cada vez máis personalizada.
Desde a Universidade da Coruña, como parte do seu compromiso con Galiza e coa calidade do sistema universitario galego, iniciamos o proceso para impartir o grao en Medicina, tendo en conta os vimbios cos que contamos, entre eles un centro sanitario de referencia como o CHUAC e un centro de investigación como o INIBIC.
Do contexto actual destes estudos en Galiza e dos retos que temos como institución de educación superior falará o reitor da UDC nesta charla.