Obradoiro CantoConto!: Natureza en Biblioteca de La Sagrada Familia - A Coruña
CantoConto! é un programa dirixido a familias con crianzas de 2 e 3 anos que busca espertar o interese polos libros dende unha idade temperá.
Compartiremos contos e cancións, fomentaremos a tradición oral e estimularemos a atención dos nenos e nenas, creando un ambiente lúdico e atractivo que promova o gusto pola lectura en familia.