Obradoiro Aprende a usar un planisferio terrestre de Martin Pawley en Biblioteca del Fórum Metropolitano - A Coruña
Actividade na que as persoas asistentes levarán un planisferio de agasallo e aprenderán a usalo para recoñecer con el as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días.
Ademais, daremos algunhas pistas para a observación da eclipse total de Sol que acontecerá na Coruña o 12 de agosto de 2026.
Martin Pawley é crítico de cinema, programador de festivais e produtor, cunha ampla traxectoria na divulgación científica, especialmente en temas relacionados coa contaminación lumínica.
Coordinador do grupo de traballo sobre contaminación lumínica da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, colaborou en múltiples iniciativas de divulgación, incluíndo conferencias, artigos en revistas científicas como Astronomía.
Tamén foi programador da Mostra de Ciencia e Cinema na Coruña e participou na produción de documentais científicos.