El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Teatro y Ópera
Ofrecido por:

Navidad en As Pontes 2025: Programación y agenda completa

Zona: Ferrolterra
Inicio:Jueves, 4 de diciembre · 18:00
Final:Lunes, 5 de enero · 20:00
Lugar:Concello de As Pontes
  • As Pontes prepárase para vivir un Nadal único, no que a cultura, o lecer e as tradicións se combinan para encher cada recuncho da vila de luz, alegría e creatividade.
  • Desde espectáculos familiares e concertos ata teatro, cine, pasacalles e maxia, a programación está pensada para que toda a comunidade participe e disfrute destas datas tan especiais, promovendo a convivencia e facendo da vila un espazo de encontro e celebración.
  • Durante todo o mes, a Casa Dopeso ofrecerá unha completa carteleira de cinema, con películas para todos os gustos e idades, incluíndo animación, drama, fantasía, cine europeo e sesións neurodiversas.
  • Entre os títulos destacados atópanse Olivia y el Terremoto Invisible, Siempre es invierno, Wicked Parte II, Golpes, Núremberg, 100% Wolf: Pequeño Gran Lobo e Blue Moon, cunha ampla variedade de horarios ao longo do mes.
  • As entradas poden adquirirse en https://aspontes.sacatuentrada.es ou na billeteira unha hora antes de cada función.
  • Con este completo calendario, As Pontes consolídase como un referente de dinamización cultural durante o Nadal, converténdose nun espazo de encontro, diversión e celebración para toda a cidadanía, onde grandes e pequenos poden vivir a maxia destas festas con intensidade e ilusión.

Programación

Xoves, 4 de decembro

  • 18:00 horas - Obradoiro Creativo “Bolsas de tecido personalizadas”
    • Comeluz na Biblioteca Municipal
      • Esta actividade permitirá aos nenos e nenas explorar a súa creatividade e aprender de forma práctica e divertida.

Venres 5 de decembro

  • 19:30 horas - Acendido da iluminación de Nadal
    • Parque Municipal
      • Momento esperado pola veciñanza que simboliza a chegada da maxia destas festas.
  • 20:00 horas - Espectáculo familiar “Soño” de Uxía Lambona e a Banda Molona
    • Auditorio Municipal Cine Alovi
      • Apto para todos os públicos, un show que mestura música, emoción e fantasía, enchendo de ilusión o corazón dos asistentes.

Xoves 11 de decembro

  • 18:00 horas - Obra “Voo” na Casa Dopeso
    • Teatro ó Cubo
      • Un espectáculo de 45 minutos recomendado para nenos a partir de tres anos, pensado para estimular a imaxinación e o sentido do marabilloso nos máis pequenos.

Venres 12 de decembro

  • 20:00 horas - Concierto de Nadal de Orfeón Xoán Montes de Lugo e as Rondallas Semente Nova e Vila das Pontes
    • Casa Dopeso
      • Unha cita imprescindible para sentir a música tradicional e coral do Nadal.

Sábado 13 de decembro

  • 16:30, 18:00 e 20:30 horas - Gala benéfica das escolas de baile moderno e danza clásica “Jotham, a cidade do Joker”, en favor de ASPANAES
    • Auditorio Municipal Cine Alovi
      • Esta gala promete emoción, danza e talento sobre o escenario, nun evento solidario que combina cultura e compromiso social.

Martes 16 de decembro

  • 17:00 horas - Concerto Pequenadal do Conservatorio de Música das Pontes
    • Auditorio Municipal Cine Alovi
      • Ofrece aos máis pequenos e pequenas da cada a oportunidade de gozar da música clásica nun formato adaptado á súa idade

Mércores 17 de decembro

  • 19:00 horas - Concerto de Nadal da Escola Municipal de Acordeóns
    • Casa Dopeso
      • Unha cita que amosa o talento musical local e a tradición instrumental do Nadal.

Xoves 18 de decembro

  • 18:00 horas - Espectáculo familiar “No Nadal toca... Maxia” de Sara Rodríguez
    • Casa Dopeso
      • Mestura humor, ilusión e participación do público.
  • 19:00 horas - Concierto de Conxuntos del Conservatorio de Música das Pontes
    • Auditorio Municipal Cine Alovi
      • Unha mostra da diversidade musical que se forma na vila e do talento das e dos seus alumnos.

Venres 19 de decembro

  • 18:00 horas - Picariños ofrecerá “A Maxia do Nadal”
    • Casa Dopeso
      • Pensado para nenos de 2 a 8 anos, unha experiencia lúdica e máxica que conecta aos máis pequenos co espírito destas festas.

Sábado 20 de decembro

  • 18:00 horas - Baile de Nadal da Orquestra Os Satélites
    • Patio do Colexio Santa María
      • Un momento de música e danza aberto a toda a veciñanza.

Domingo 21 de decembro

  • 19:00 horas - IV Gala Internacional de Ilusionismo “As Pontes ten Maxia”
    • Auditorio Municipal Cine Alovi
      • Contará coa participación de destacados magos internacionais como Mago Murphy (Madrid), Dania Díaz (Venezuela), Peio Rivas (Bilbao), Edama (Logroño) e Bonjin Koo (Corea do Sur), garantindo unha noite de sorpresas, emoción e maxia para todas as idades. As entradas teñen un prezo de 10 euros e poden adquirirse en https://aspontes.sacatuentrada.es/.

Do 22 ao 30 de decembro e o 2 de xaneiro

  • Entre as 16:30 e as 20:30 horas - Tempo de Nadal
    • Patio do Colexio Santa María
      • Destinado a todos os públicos. Este programa ofrece actividades e espazos pensados para fomentar a creatividade, a diversión e o xogo en grupo, con zonas como Rolly Toys, Cocina con SuperThings, Circuito Carrera, Playmobil e un Evento Pirata, garantindo unha experiencia lúdica segura e inesquecible durante estas datas tan especiais.

Martes 23 de decembro

  • 19:30 horas - Concerto de Nadal da Banda Escola de Música das Pontes
    • Auditorio Municipal Cine Alovi

Xoves 24 de decembro

  • 12:30 e as 14:00 horas - Charanga Os Celtas

Sábado 27 de decembro

  • 18:00 horas - Xampatito Pato presentará o espectáculo “Compaña”
    • Auditorio Municipal Cine Alovi
      • As entradas teñen un prezo de 3 euros e poden adquirirse en https://aspontes.sacatuentrada.es/.

Martes 31 de decembro

  • 12:30 e as 14:00 horas - Charanga Carmiña animará as rúas

Sábado 3 de xaneiro

  • 23:00 horas - Grupo Origen ofrecerá o tradicional Baile de Reis
    • Patio do Colexio Santa María

Domingo 5 de xaneiro

  • 18:00 horas - Cabalgata de S.S.M.M. os Reis Magos
    • Rúa Monte Caxado
      • Culminará coa Recepción Real no Auditorio Municipal Cine Alovi, un momento cheo de ilusión para os máis pequenos e para toda a familia.

Información del lugar

Lugar:Concello de As Pontes
Dirección:Rúa do Concello
Código postal:15320
Localidad:As Pontes (A Coruña)
Más info:Noticias sobre As Pontes (A Coruña)
Útil