El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Gastronomía, Fiestas, Ferias y Mercados
Ofrecido por:

Jornadas de Ilustración Urbana 2025 en Santiago de Compostela

Inicio:Viernes, 7 de noviembre · 16:15
Final:Sábado, 8 de noviembre · 18:00
Lugar:Casa das Máquinas
  • As Xornadas de Ilustración Urbana regresan a Compostela os días 7 e 8 de novembro, unha fin de semana chea de oportunidades para descubrir o poder do debuxo e da ilustración como ferramentas para contar as cidades desde outra mirada, fixándose nos pequenos detalles que conforman o día a día e convidando a visitalas con tempo, a se deter e a observalas con calma.
  • A Casa das Máquinas acollerá un completo programa de obradoiros, conferencias e sesións de conversa abertas ao público, con acceso libre e gratuíto, nas que artistas de distintas procedencias compartirán os seus procesos e experiencias creativas.
  • A presente edición contará coa participación de Daniel Pagáns, Inma Serrano, Pascale Lee, Olivia Marcus, Ximena Maier, Barnaba Salvador e Sarah Mari Shaboyan, que achegarán a súa visión sobre a ilustración urbana, os cadernos de viaxe e o poder da imaxe como relato do cotián.
  • O venres 7 de novembro celebrarase a inauguración das xornadas e as conferencias de Inma Serrano, Pascale Lee e Olivia Marcus.
  • O sábado 8, a programación abrirá co obradoiro de debuxo Partindo de Cero, impartido por Daniel Pagáns, dirixido a persoas adultas sen experiencia previa, e continuará polas tardes cos faladoiros de Ximena Maier, Barnaba Salvador e Sarah Mari Shaboyan.
  • As Xornadas de Ilustración Urbana contan co apoio do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña, e desenvólvense en paralelo ás actividades do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, que cada ano converte a cidade nun punto de encontro entre artistas e público arredor do debuxo e da creación.
  • Programa das Xornadas de Ilustración Urbana 2025
  • Acceso libre e de balde

VENRES 7 DE NOVEMBRO

  • 16.15 h | Inauguración oficial das Xornadas
    • Acto de apertura coas intervencións institucionais e presentación do programa
  • 16.30 h | Conferencia: “Dende cero: o proceso de creación dun debuxo”
    • Inma Serrano
      • A artista amosará como afronta o proceso creativo e como transforma a observación en debuxo.
  • 17.15 h | Conferencia: “Paseando con acuarelas, unha taiwanesa en París”
    • Pascale Lee
      • Relato visual sobre o descubrimento da cidade e a emoción do caderno de viaxe.
  • 18.00 h | Conferencia: “Baño de multitudes!”
    • Olivia Marcus
      • Reflexión sobre a ilustración como ferramenta de rexistro e de encontro coa xente e cos espazos públicos.

SÁBADO 8 DE NOVEMBRO

  • 10.30–12.30 h | Obradoiro: “Partindo de Cero”
    • Impartido por Daniel Pagáns
      • Obradoiro práctico para persoas maiores de 18 anos sen coñecementos de debuxo.
      • Temas: materiais básicos, cor, rotulación e composición.
        • Inscrición en info@compostelailustrada.com
  • 16.30 h | Conferencia: “Azulexos ilustrados”
    • Ximena Maier
      • Un percorrido pola arte e tradición dos azulexos como soporte para a ilustración contemporánea.
  • 17.15 h | Conferencia: “A Vía Francíxena”
    • Barnaba Salvador
      • Unha viaxe visual pola histórica ruta de peregrinación e a súa interpretación artística.
  • 18.00 h | Conferencia: “Como atopar a túa linguaxe na arte gráfica e como facer que funcione”
    • Sarah Mari Shaboyan
      • Reflexión sobre a identidade artística, o proceso creativo e a busca dunha voz propia na ilustración.

Información del lugar

Lugar:Casa das Máquinas
Dirección:Rúa das Galeras
Código postal:15705
Localidad:Santiago de Compostela (A Coruña)
Útil