El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Proyecciones

Jornada Pride Positivo 2025 en A Coruña - 12/12/2025

Zona: A Coruña
Inicio:Viernes, 12 de diciembre · 18:00
Final:Viernes, 12 de diciembre · 20:00
Lugar:Librería Galgo Azul - A Coruña

Jornada Pride Positivo 2025 en Librería Galgo Azul - A Coruña

  • O Pride Positivo, iniciativa creada en 2022 para visibilizar a persistencia do estigma e da discriminación asociada ao VIH, traerá este venres á Coruña unha xornada especial enmarcada na celebración do Día Mundial da Loita contra a Sida.
  • Será un altofalante máis das necesidades das persoas con VIH, das súas reivindicacións e a súa loita pola equiparación plena de dereitos.
  • CASCO sempre celebra o Día Mundial da SIDA cunha vertente cultural.
  • Na nosa asociación, a cultura e o deporte son importantes. Outros anos fixemos concertos de música e este ano temos cinematografía e literatura”, apunta a directora de CASCO, Sonia Balvuena.
  • O evento desenvolverase a partir das 18:00 horas no espazo cultural Galgo Azul (Avenida Gramela 16), con entrada libre ata completar aforo.
  • Alí proxectaranse dúas curtametraxes que abordan, desde perspectivas complementarias, as emocións, desafíos e vivencias das persoas seropositivas.
  • A primeira delas, Piruletas, dirixida por Carlos Martínez, propón unha mirada íntima sobre a aceptación e o respecto ás persoas maiores que viven co VIH.
  • A continuación, exhibirase Siempre que lo cuento, obra de Roberto Pérez Toledo que fala da sensación que produce ás persoas con VIH a decisión de dar a coñecer á parella o seu estado seropositivo.
  • Tras as proxeccións, celebrarase un encontro coa escritora Xulia Alonso, autora do multipremiado Futuro imperfecto.
  • No libro, Alonso revisa as décadas dos 80 e 90, anos nos que moitas persoas novas descubriron ao tempo o amor e a droga.
  • A xornada rematará cun debate sobre os desafíos actuais na loita contra a discriminación, que moderará o activista Santiago Legaspi Irimia baixo o epígrafe “Estigma, onte, hoxe... nunca máis”.
  • Intervirán no coloquio a directora de CASCO, Sonia Balvuena, e a traballadora social da entidade, Lidia Coira.
  • O evento, organizado por CASCO, conta coa colaboración do festival de cine Norte Cinema Diverso, Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo, a Fundación Pedro Zerolo, Acción Triángulo, Cesida, o concello da Coruña e o espazo cultural Galgo Azul.

Información del lugar

Lugar:Librería Galgo Azul - A Coruña
Dirección:Av. Gramela, 16
Código postal:15010
Localidad:A Coruña (A Coruña)
Útil