Jornada 'Minaría, industria e progreso: os recursos naturais como motor da economía galega' en A Coruña - 26/9/2025
| Zona: | A Coruña |
| Inicio: | Viernes, 26 de septiembre · 09:00 |
| Final: | Viernes, 26 de septiembre · 11:00 |
| Lugar: | Explanada del Parrote - A Coruña |

Jornada 'Minaría, industria e progreso: os recursos naturais como motor da economía galega' en Explanada del Parrote - A Coruña
- Cobre San Rafael, en colaboración coa Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME), celebra este venres en A Coruña a xornada titulada “Minaría, industria e progreso: os recursos naturais como motor da economía galega”.
- O encontro busca poñer en valor o papel estratéxico dos recursos naturais como alicerce dunha Galicia máis forte, industrializada e sostible, destacando a súa capacidade tractora no contexto actual de transición económica e enerxética.
- A sesión abrirase coa intervención institucional de Enrique Mallón, secretario xeral de ASIME. A continuación, Fernando Riopa, director xeral de Cobre San Rafael, e Daniel Domínguez, director de Gobernanza e Reporting ESG, presentarán un relatorio sobre o proxecto da antiga mina de Touro e o seu impacto socioeconómico.
- Seguiralle a mesa redonda “A reindustrialización de Galicia a partir do aproveitamento dos recursos naturais”, que reunirá a Fernando Riopa; Enrique Mallón; a Rebeca Acebrón, CEO de Acebrón Group; e a Diego López, director de construción de Cerámica Campo e membro da xunta e tesoreiro da Cámara Oficial Minera de Galicia.
- O acto pecharase coa intervención de Antonio Couceiro, presidente da Cámara de Comercio de A Coruña, quen clausurará esta iniciativa que nace coa vontade de construír unha visión compartida cara a un modelo produtivo moderno, sostible e ancorado no territorio.
Información del lugar
| Lugar: | Explanada del Parrote - A Coruña |
| Dirección: | Paseo Dársena, 6-8 |
| Código postal: | 15001 |
| Localidad: | A Coruña (A Coruña) |