Jornada 'A danza no ollar do cine' - Ciclo 'Entre formas e palabras' en A Coruña - 24/10/2025
| Zona: | A Coruña |
| Inicio: | Viernes, 24 de octubre · 18:00 |
| Final: | Viernes, 24 de octubre · 20:00 |
| Precio: | Gratis € |
| Lugar: | Filmoteca de Galicia (antes, CGAI) |

Jornada 'A danza no ollar do cine' - Ciclo 'Entre formas e palabras' en Filmoteca de Galicia (antes, CGAI)
- A Fundación Paideia Galiza, en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, organiza o vindeiro venres 24 de outubro de 18:00 a 20:00 h a xornada “A danza no ollar do cine”, que terá lugar na Filmoteca de Galicia (Durán Loriga, 10 Baixo – A Coruña).
- Esta sesión será a última do ciclo “Entre formas e palabras”, unha iniciativa que busca visibilizar e fortalecer o talento emerxente no ámbito da danza contemporánea e das artes en movemento.
- Nesta ocasión, a conversa estará centrada na relación entre a danza e a linguaxe audiovisual, explorando como o cine pode capturar, reinterpretar e amplificar o corpo en escena.
- Participarán como relatores:
- Derek Pedrós, realizador e fotógrafo especializado en danza e arquitectura, recoñecido polo seu enfoque visual poético e sensorial.
- Mikel Arístegui, director artístico de SIL Producciones – Artes en movimiento, bailarín, coreógrafo e xestor cultural con ampla traxectoria internacional.
- A sesión incluirá tamén o visionado da obra de Marghe Morello, creadora e realizadora de audiovisuais que presentará “Danza no foco”, unha serie de 10 cápsulas visuais que retratan o panorama da danza contemporánea, poñendo en valor a diversidade de estilos, creadoras e contextos que conforman o ecosistema artístico actual.
- A entrada é gratuíta ata completar capacidade e a inscrición pode realizarse a través da web.

