El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Charlas y Conferencias
Ofrecido por:

IV Jornadas Transcantábricas en A Coruña - De 30/5/2025 a 31/5/2025

Zona: A Coruña
Este evento tiene varias fechas o funciones
Desde:Viernes, 30 de mayo · 16:30
Hasta:Sábado, 31 de mayo · 18:30
Fechas:
Lugar:Centro Ágora de A Coruña

IV XORNADAS TRANSCANTÁBRICAS

  • Os días 30 e 31 de maio de 2025 celebrarase no Centro Ágora da Coruña as IV Xornadas Transcantábricas, nesta edición sobre Intelixencia Articial e Educación, organizadas por FEAE Galicia xunto aos foros educativos de Asturias, Cantabria e Euskadi. O encontro, que leva por título "Introdución á Intelixencia Artificial: implicacións na sociedade e na educación", busca proporcionar un espazo de reflexión e intercambio de experiencias educativas relacionadas coa integración da IA en diferentes contextos autonómicos.
  • O programa, homologado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, inclúe conferencias destacadas como a do catedrático da Universidade da Coruña e investigador en IA Francisco Bellas Bouza titulada "Alfabetización: a clave para un uso responsable da IA", e a conferencia da doutora en Comunicación e Educación Amaia Arroyo Sagasta, "IA e Educación: necesitamos cultivar unha mirada complexa", centrada na necesidade dunha análise profunda e crítica sobre o papel da intelixencia artificial na educación.
  • Tamén haberá talleres prácticos e presentacións de experiencias innovadoras a cargo de profesionais como Patricia Barciela Durán, directora técnica da Domus, José Viñas Diéguez, asesor STEM do CIEDix, e docentes de distintos centros educativos que compartirán boas prácticas sobre a utilización educativa da intelixencia articial.
Útil