El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Proyecciones

III Norte Cinema Diverso 2026 en A Coruña

Zona: A Coruña
Inicio:Miércoles, 25 de noviembre · 20:30
Final:Viernes, 27 de noviembre · 22:30
Lugar:Teatro Colón - A Coruña

III Norte Cinema Diverso 2026 en Teatro Colón - A Coruña

  • A terceira edición do Norte Cinema Diverso (NCD) chega cunha serie de novidades estratéxicas pensadas para continuar coa expansion do festival.
  • A organización confirmou que a III edición se celebrará os días 25, 26 e 27 de novembro de 2026.
  • “Este axuste de datas ten como principal obxectivo seguir coidando a identidade e a calidade do festival, optimizar o acceso ás propostas dos distintos festivais audiovisuais do mundo e garantir así unha selección da máxima calidade. Cremos sinceramente que este axuste beneficia o proxecto no seu conxunto: o festival sae reforzado e, por conseguinte, tamén o noso público, que poderá gozar dunha programación aínda máis coidada e representativa do mellor cinema diverso actual”, asegura Fernando Cayazzo, codirector do certamen coruñés.

NCD Educa 2026: a diversidade entra nas aulas a través do cinema

  • O festival, organizado pola asociación Palestra e o concello da Coruña, mantén o seu compromiso co ámbito educativo a través do programa NCD Educa, que iniciou esta mesma semana a súa xira por distintos centros educativos da área metropolitana coa visita ao IES Monte das Moas.
  • O NCD Educa pasará tamén polo Fernando Wirtz (10 de febreiro), o Manuel Murguía de Arteixo (20 de febreiro), o CPR Andaina (2 de marzo), o Eusebio de Guarda (9 e 10 de marzo), o Zalaeta (25 de marzo) e o Otero Pedrayo (data por confirmar).
  • O programa inclúe este ano a proxección de seis curtametraxes (Ese lugar partido, Estoy bien mamá, Erupción, Sobremesa, La duda e Siempre que lo cuento) e o posterior debate con alumnos e alumnas de e de Primaria e da ESO de cada centro.
  • Norte Cinema Diverso conta coa colaboración da Cinemateca Pedro Zerolo e da Academia Galega do Audiovisual.
Útil