El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Festivales, Torneos y Concursos

III Nonviolencia Activa Fest en A Coruña - 14/2/2026

Zona: A Coruña
Inicio:Sábado, 14 de febrero · 17:00
Final:Sábado, 14 de febrero · 22:00
Lugar:Centro Ágora de A Coruña
  • Tras máis dun ano de espera, chega á Coruña a terceira edición do Nonviolencia Activa Fest.
  • O próximo 14 de febreiro, ás 17:00 h, no Centro Social Ágora, terá lugar unha cita obrigatoria para todas e todos os que cremos que a arte e a cultura poden cambiar o mundo.
  • O 14 de febreiro, Día dos Namorados, o Nonviolencia Activa Fest propón celebrar que estamos namoradas dunha palabra que o atravesa todo: a noviolencia.
  • Un encontro para reivindicar que o amor tamén pode ser colectivo, político e transformador, e que existen outras maneiras de relacionarnos, de crear e de vivir sen violencia.
  • Neste encontro de artes diversas ao servizo da paz e da noviolencia poderemos gozar do talento musical e plástico de máis dunha quincena de artistas que residen na Coruña e en Galicia.
  • Reúnense nesta ocasión cunha idea común: loitar contra todos os tipos de violencia, defender os dereitos humanos e traballar por un futuro mellor.
  • Nun contexto no que semella que o mundo se volve cada vez máis hostil, este festival quere poñer o foco no positivo, no encontro e na forza de sabernos moitas as persoas que cremos que un mundo sen violencia é posible.
  • O evento abrirá as súas portas ás 17:00 h e trinta minutos despois, ás 17:30 h, realizarase unha visita guiada para presentar as obras de arte que reuniu o festival. Son once os pintores e pintoras que participarán na exposición de arte do Nonviolencia Activa Fest: Carlos Manuel Armas, Chelo Facal, Alberto Franco, Begoña Pastoriza, Roiayer, Lola Saavedra, Bego Tojo, M. Touzón, Gosia Trebacz, Nena Ventura e Xulia Weinberg.

Artistas confirmados

Belém Tajes

  • Belém Tajes é cantante, música e compositora.
  • Nada en Bos Aires, pero galega, cultiva un proxecto fondamente persoal que mestura tradición, pop, electrónica e outros sons contemporáneos, tecendo pontes entre a sonoridade latinoamericana e a galega, cunha proposta que bebe da terra e do mar para chegar á emoción.

Feral Booty

  • Feral Booty preséntanse como mutantes dun futuro de merda que viaxan no tempo ata o presente para conseguir unha cabra, comerse todo o lixo e a merda e convertela en chan fértil.
  • Un clásico apocalíptico do underground herculino, cun son entre o punk e o folk, disposto a revolcarte polo po.

Misuria

  • Misuria é un quinteto que rende homenaxe á música tradicional norteamericana a través do blues, folk, swing, gospel e bluegrass, cunha proposta que xira arredor da voz de Alba Furacán, acompañada de instrumentos como as harmónicas, a táboa de lavar, o lap steel e os kazoos, nun espectáculo divertido, diferente e para todos os públicos.

Planète Sauvage

  • Planète Sauvage, formado por Darío Pérez e Cecilia Burillo, propón unha viaxe sonora para quen queira fuxir do ruído constante e do cansazo, combinando guitarra eléctrica, piano, violoncelo, sintetizadores e voces nun espazo de refuxio creativo onde a música é unha experiencia sensorial que atravesa a pel ata o profundo.
Útil