El Español
Treintayseis
AGENDA
Ofrecido por:

II Semana de la Palentología en A Coruña

Zona: A Coruña
Inicio:Miércoles, 26 de noviembre · 20:00
Final:Sábado, 29 de noviembre · 22:00
Lugar:Varias localizaciones en A Coruña

II Semana de la Palentología en Varias localizaciones en A Coruña

  • A Coruña celebrará do 26 ao 29 de novembro de 2025 a II Semana da Paleontoloxía, unha iniciativa organizada polo Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) e o Instituto Universitario de Xeoloxía (IUX) da Universidade da Coruña.
  • O evento conta coa colaboración do CITEEC, os Museos Científicos Coruñeses, a Asociación de Divulgación Científica UDC Big Bang, o Concello da Coruña e o Bar Árnica, que volverá a converterse nun dos espazos destacados da divulgación científica na cidade.
  • Durante catro días, a paleontoloxía sairá dos laboratorios para atoparse co público a través dun programa que combina charlas, cinema científico e actividades familiares, consolidando unha proposta que o ano pasado tivo unha excelente acollida e que aspira a converterse nunha cita anual de referencia.

Programa de actividades

  • A II Semana da Paleontoloxía dará comezo os días 26 e 27 de novembro, con dúas tardes de divulgación no Bar Árnica, de 20:00 a 21:00 horas.
  • O local converterase de novo nun punto de encontro entre ciencia e cidade, acollendo catro relatorios breves e accesibles para todos os públicos.
  • Na primeira xornada intervirán Gloria González Fortes, quen ofrecerá a charla “Paleoxenómica: unha viaxe ao pasado a través do ADN”; e Alejandro Blanco Calvo, que presentará “Cando os crocodilos dominaban Europa”.
  • O xoves será a quenda de Ángela Delgado Buscalioni, con “Planeando sobre a orixe das aves”; e de Luisa Santos Fidalgo, que falará sobre “Pole fósil: o influencer do clima”.
  • Ambas sesións manterán o mesmo formato dinámico e próximo que caracterizou a primeira edición do evento.
  • O venres 28 de novembro, a programación trasládase á Domus para unha sesión especial de cinema científico, en horario de 18:00 a 21:00 horas.
  • Proxectarase a película 2012, que será presentada e comentada pola paleontóloga Penélope Cruzado-Caballero.
  • Tras ela, abrirase un coloquio dedicado ao cambio climático e aos eventos de extinción masiva, no que o público poderá dialogar directamente coa especialista.
  • A xornada do sábado 29 de novembro estará dedicada ó público infantil.
  • A Domus acollerá ás 11:30 horas a proxección da película de animación Ice Age 2: O desxeo, unha proposta pensada para público infantil e familiar que permitiráintroducir os conceptos de clima, evolución e adaptación de especies dun modo entretido.
  • Paralelamente, entre as 12:00 e as 14:00 horas, celebraranse diversos obradoiros de paleontoloxía coordinados pola asociación UDC Big Bang e poralumnado da Facultade de Ciencias da UDC, nos que nenos e nenas poderán manipular fósiles, reconstruír paisaxes prehistóricas e aprender xogando.
  • Esta combinación de charlas, cinema e actividades prácticas pon de relevo a vontade dos organizadores de crear un espazo onde a ciencia se viva en primeira persoa, fomentando o interese pola paleontoloxía e reforzando os lazos entre universidade, cidade e cidadanía.
  • Este programa celébrase co apoio da Rede CIGUS da Xunta de Galicia, que financia ao CICA como parte da súa rede de centros de excelencia do sistema universitario galego.

Información del lugar

Lugar:Varias localizaciones en A Coruña
Dirección:A Coruña
Código postal:15003
Localidad:A Coruña (A Coruña)
Útil