El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Teatro y Ópera

Festival Talento da Coruña de microteatro e improvisación - 29/3/2026

Zona: A Coruña
Inicio:Domingo, 29 de marzo · 19:30
Final:Domingo, 29 de marzo · 21:30
Lugar:Centro Ágora de A Coruña

Festival Talento da Coruña de microteatro e improvisación en Centro Ágora de A Coruña

  • Sketch cómico formado por dúas pezas relacionadas entre si: "Queimando prexuízos" e "Choiazo no mercado".
  • Queimando prexuízos Carme e Xabier atópanse nunha parada de autobús. A conversa comeza cando Carme lle pide un chisqueiro, o que provoca unha confusión en Xabier. Será que Carme se fixa nas aparencias?
  • Choiazo no mercado Carme e Xabier volven atoparse, desta vez durante a visita a un piso que Xabier quere alugar. Será o piso dos seus soños?
  • Dirección: Javi TinkElenco: Javi Tink, Lexi Fraga e Pedro FernándezEscenografía: Juan Arias e Javi Tink
  • Laura Prego presenta un monólogo cómico cheo de humor, contradicións e verdades involuntarias.
  • A través da súa ollada afiada sobre a vida cotiá, medias verdades e conclusións dubidosas, o público decatarase de que ás veces a lóxica tamén ten días libres.Un espectáculo no que o humor nace do real, da ironía e dunha cantidade preocupante de entusiasmo.
  • Elenco e dirección: Laura Prego
  • 55 metros cadrados
  • Peza de microteatro.
  • Iria, Uxío e Roi conviven nun caótico piso de 55 metros cadrados, onde o absurdo e o desastre diario son o pan de cada día.
  • Dirección: Javi TinkElenco: Lexi Fraga, Javi Tink e Pedro FernándezEscenografía: Javi Tink
  • Cuarteto de música tradicional e celta que fusiona raíces galegas e sons ancestrais do Atlántico.
  • A través de diferentes instrumentos, o grupo ofrece unha viaxe sonora chea de emoción, recuperando melodías populares e reinterpretándoas cun espírito contemporáneo e festivo.
Útil