El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Conciertos
Ofrecido por:

Festival A Galiza coral - Concierto de Cantares do Brión en A Coruña - 27/9/2025

Zona: A Coruña
Inicio:Sábado, 27 de septiembre · 19:30
Final:Sábado, 27 de septiembre · 21:30
Precio:Gratis €
Lugar:Centro Ágora de A Coruña

Festival A Galiza coral - Concierto de Cantares do Brión en Centro Ágora de A Coruña

  • Ten os seus inicios a finais do ano 2008 cando un grupo de persoas aposta pola creación dunha formación coral ao estilo dos coros galegos xurdidos cen anos antes; a idea comeza a coller forma a comezos do ano 2009 cos primeiros ensaios e o arranxo das primeiras pezas, baixo a dirección musical do vinciés Pablo Rial Salgueiro.
  • É no ano 2010 cando se constitúe definitivamente cas características que ten hoxe en día. Sendo en xaneiro do 2011 cando fai, a presentación oficial, que contou co apadriñamento do histórico coro coruñés Cántigas da Terra.
  • Alalás, foliadas, muiñeiras, xotas, pandeiradas e maneos conforman o groso das pezas interpretadas, recollidas fielmente da tradición ou tamén de nova composición, onde os poemas dos escritores e escritoras da nosa terra énchense de musicalidade, enriquecendo deste xeito o seu repertorio.
  • Cantares do Brión conta con dous traballos publicados, "Arruídos", no ano 2014 e "A Raís" no ano 2018 e outro "Unha Lingua para amar"(cheo de poesía) do que está a facer a presentación neste 2025 celebrando os seus 15 anos de vida.
  • Como todas as actividades do programa "Agra no Ágora", este concerto é de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Útil