Festigual 2025 en A Coruña: Programación, cartel y agenda completa - 5/11/2025
| Zona: | A Coruña |
| Inicio: | Miércoles, 5 de noviembre · 20:30 |
| Final: | Miércoles, 5 de noviembre · 22:30 |
| Precio: | Gratis € |
| Lugar: | Teatro Colón - A Coruña |

Festigual 2025 en Teatro Colón - A Coruña
- Na súa novena edición, o Festigual amplía horizontes e incorpora por primeira vez como sedes a Fundación María José Jove ou a Fundación Marta Ortega, que ofrecerán visitas guiadas adaptadas ás súas coleccións de arte e fotografía.
- As actividades chegarán tamén ao Centro Penitenciario de Teixeiro, un espazo que o festival converte nun novo escenario para dar voz a quen adoita quedar ás marxes. Alí representarase unha versión contemporánea da obra ‘Yerma’, da asociación Noite de Bohemia no seu proxecto de cultura accesible e inclusiva, que revisita a dureza da vida das mulleres a comezos do século XX e os silencios impostos pola sociedade.
- A edición abrirá coa ‘Gala Música Baixo as Estrelas’, que levará ao Teatro Colón ás músicas e músicos da rúa, poñendo en valor o seu talento cotián e reivindicando o seu papel como parte esencial da banda sonora da cidade.
- A IX edición do Festigual - Festival das Artes pola Inclusión e a Diversidade ofrecerá tamén espectáculos que abordan temas de plena actualidade, como o acoso escolar en ‘O pequeno poni’, de Redrum Teatro.
- Coa mirada posta na cativada, nas familias e na educación baseada na normalización dos valores, o festival propón pezas como ‘De tu a tu’, de Collectiu Mur, que explora a complicidade e a confianza a través do humor e das acrobacias; ou ‘De corpo a palabra’, da compañía Experimentadanza, que combina danza, poesía e música en directo para celebrar a diversidade das linguaxes artísticas.
- A programación familiar complétase con ‘Podemos volar sin alas’, de Cris de Miguel, un espectáculo de monicreques e poesía que celebra a diversidade e o poder dos soños.
- O festival contará ademais con proxectos de cultura urbana, como o Freestyle People en Puré Free, de Poten100Mos, ou as sesións participativas de Negus DJ Inclusivo.
- Haberá tamén espazos de reflexión e coidado, como a Xornada de Arte e Saúde no Hospital de Oza, que reunirá profesionais para explorar os vínculos entre creación e benestar.
- Haberá tamén espazo para o Obradoiro de Danzaterapia XQN en familia, unha proposta interxeracional para explorar o corpo e o movemento.
- As exposicións completan a programación. ‘Carreiros sen néboa’, de Nós Why Not?, é unha mostra fotográfica que rompe prexuízos sobre a discapacidade.
- A proposta da Sociedade Filatélica da Coruña, ‘150 aniversario da liña férrea A Coruña – Lugo’, pon o foco no patrimonio e na memoria colectiva da cidade e unha pequena mostra da actividade de inclusión que realizou a Sociedade Filatélica con motivo de ano Picasso cunhas lonas na Casa da Auga.
- O cinema incorpórase este ano como nova disciplina do festival grazas á colaboración do Fórum Metropolitano, que dedicará a Sala Fernando Rey durante o mes de novembro a unha programación arredor da inclusión e a diversidade.
- A proposta incluirá varias proxeccións internacionais e unha selección de pezas do proxecto Miradas Diversas, da Asociación Cultural Albatros.
- Como peche, o concerto de A Banda da Loba converterá o Centro Ágora nunha gran festa final inclusiva, presentando o seu novo disco, ‘Lovismo’.