El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Gastronomía, Fiestas, Ferias y Mercados
Ofrecido por:

Feria Etiqueta Negra 2025 en Pontevedra

Inicio:Sábado, 8 de noviembre · 12:00
Final:Lunes, 10 de noviembre · 19:00
Precio:Desde 3 €
Lugar:Recinto Ferial - Pontevedra
  • Pontevedra xa quenta os fogóns para recibir unha nova edición de Etiqueta Negra, a feira do gourmet galego, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de novembro no Recinto Feiral.
  • O evento chega un ano máis cunha programación chea de sabor, innovación e talento, e converterase no punto de encontro imprescindible para os amantes da boa mesa e para todas aquelas persoas que queren descubrir o mellor da gastronomía galega de calidade.
  • Durante tres intensas xornadas, o público poderá gozar dunha ampla oferta de produtos gourmet, máis de cen expositores e unha completa axenda de showcookings e degustacións protagonizadas por grandes nomes da cociña galega.
  • O Anfiteatro 1906 será, un ano máis, o epicentro da creatividade culinaria, coa participación de chefs recoñecidos, estrelas Michelin e novas promesas que compartirán o seu talento, as súas técnicas e o seu amor polo produto galego.

Sabores e territorio

  • O sábado abrirá ás 12.00 horas o programa o showcooking “ValdaBella, o sabor da paisaxe”, protagonizado por Borja Piñeiro e Elia Pereira, do restaurante Lado (Muíños, Ourense), coa colaboración de ValdaBella Group. A través de tres pratos, o público poderá percorrer a paisaxe galega e saborear o territorio: un tomate deshidratado con sementes de mostaza que representa a forza da terra, un carpaccio de gamba vermella arxentina con crema de anacardio, fresas maceradas en kombucha e alga codium que simboliza o equilibrio, e unha sobremesa de mel de ValdaBella, que fala da calma e a dozura do bosque.
  • Pola tarde, ás 17.00 horas, o chef Javier Rodríguez Ponte “Taky”, membro do Grupo Nove e con ampla experiencia en laureadas cociñas como Zuberoa, El Bulli, Arzak ou Akelarre, ofrecerá unha sesión titulada “A cociña galega actual, sabor e coherencia”, na que elaborará, a modo de menú, diferentes pratos con produtos icónicos da despensa galega, explicando técnicas sinxelas que todos poden aplicar na casa e reivindicando o sentido común e o respecto polo produto como base da boa cociña.
  • Pechará a xornada o chef Iñaki Bretal, do restaurante pontevedrés O Eirado da Leña, distinguido cunha estrela Michelin, que presentará o seu “Menú Curricán”, composto por nove pases e once elaboracións. Esta actividade, patrocinada pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, permitirá coñecer a fondo a filosofía culinaria dun dos cociñeiros máis destacados da cidade, baseada na creatividade e no produto local.

Tradición e innovación

  • O domingo 9 comezará cun showcooking con degustación protagonizado por Inés Cameselle, do restaurante Casa Ces (Poio), baixo o título “Pollo Pío Campero. Sabores do campo para un Nadal de etiqueta”, patrocinado por Avigal. Dirixido a cen persoas, este taller amosará como converter o Pollo Pío Campero, criado no campo e de carne firme e sabor inconfundible, no ingrediente estrela das celebracións de Nadal. Cociñeira e cuarta xeración de Casa Ces, un establecemento con máis de cen anos de historia familiar, recoñecido pola súa cociña caseira galega e polo seu compromiso co produto local, Inés Cameselle mantén viva a herdanza familiar cunha mirada actual, combinando tradición, emoción e autenticidade en cada prato.
  • A continuación, ás 13.00 horas, Begoña Vázquez, do restaurante Regueiro da Cova (Verín), e Julio Mato, responsable de I+D en Culinaria, presentarán “Descubre a alma! da auténtica! artesanía alimentaria”, patrocinado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) da Xunta de Galicia. Ambos chefs ofrecerán unha demostración na que a tradición e a innovación se dan a man, reivindicando o traballo artesanal, o produto local e o compromiso coa calidade. Begoña Vázquez, nomeada en 2024 “Cociñeira do Ano” no Fórum Gastronómico da Coruña, e Julio Mato, experto en desenvolvemento gastronómico, mostrarán como a cociña galega pode ser ao mesmo tempo creativa, sostible e profundamente auténtica.
  • Pola tarde, a partir das 17.00 horas, a chef Lucía Freitas, do restaurante A Tafona, cunha estrela Michelin, presentará o showcooking “Cociñar a memoria”, patrocinado por Cervezas 1906. Durante a sesión, a recoñecida cociñeira compostelá presentará o seu proxecto social, cultural e gastronómico Amas da Terra, co que busca visibilizar o labor das mulleres do rural galego, e realizará tres elaboracións: Mexillón rabioso maridado con 1906 Black Coupage, Pataca do polvo acompañada de 1906 La Milnueve e Castaña e fiuncho con 1906 La Pelirroja.
  • A continuación, ás 18.30 horas, chegará o momento dos “gañadores de Pontedetapas 2024”, Alberto Pérez González, do restaurante Icewolf, e Rubén González, de El Cafetín La Gastroteca, que presentarán as súas creacións premiadas: Outono celta e Tomatún. Esta actividade, patrocinada polo Concello de Pontevedra, é unha homenaxe ao talento local e á capacidade creativa dos profesionais da cidade.

Información del lugar

Lugar:Recinto Ferial - Pontevedra
Dirección:Calle Alexandre Bóveda
Código postal:36005
Localidad:Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono:986 833 061
Útil