Exposiciones 'Debullando o prato de Harvard' y 'Compra saudable e sostible' en A Coruña
| Zona: | A Coruña |
| Inicio: | Viernes, 2 de mayo · 10:00 |
| Final: | Jueves, 15 de mayo · 20:00 |
| Precio: | Gratis € |
| Lugar: | Centro Ágora de A Coruña |

Exposiciones 'Debullando o prato de Harvard' y 'Compra saudable e sostible' en Centro Ágora de A Coruña
- Como continuación das exposicións da primeira quincena de febreiro "A pegada ecolóxica" e "10 motivos para andar en bici", combinamos agora dúas exposicións ("Debullando o prato de Harvard" e "Compra saudable e sostible") porque a alimentación é un dos principais contribuíntes á nosa pegada ecolóxica individual.
- Hai múltiples cuestións para ter en conta á hora de reducir o impacto da nosa dieta: consumo de produtos locais e de tempada, facerlle fronte ao desperdicio alimentario ou limitar o consumo de produtos de orixe animal etc.
- A antiga Oficina de Medioambiente colaborou coa UDC Saudable para a promoción de hábitos de alimentación saudables e sostibles.
- Parte desta sinerxía reflíctese na elaboración destas dúas exposicións que analizan a relación entre os alimentos que consumimos e a nosa saúde e a do planeta, valorando cuestións como a pegada ecolóxica e orixe dos alimentos, o desperdicio alimentario ou as prácticas para reducir os seus impactos.
- → Exposición Prato de Harvard: trátase dunha guía de axuda para levar a cabo unha dieta saudable, centrándose nas proporcións dos tipos de alimentos. Ademais, recolle múltiples opcións dentro de cada grupo de alimentos, analizándoos segundo a súa orixe, pegada hídrica... E tamén achegando ideas de receitas.
- → Exposición Compra saudable e sostible: hai múltiples cuestións que poden favorecer que a nosa cesta da compra sexa máis sostible. Desde os lugares onde mercamos e os envases que consumimos, ata a conservación dos alimentos unha vez no fogar teñen un impacto na pegada ecolóxica relacionada coa alimentación. Saber como reducila está nas nosas mans.